2011/2/12 Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com>:
> Boas.
>
> A fin de semana pasada estiven no Fosdem. Andaba por alí tamén a xente de
> Mandriva nun stand. Así que, aproveitando, fun presentarme, ensinarlles o
> noso proxecto (web, wiki, proxectos, etc.), intentar amañar o da miña chave
> ssh para o svn, etc.
>
> Botei reunido con eles toda a mañá do sábado. Entre as cousas subliñables
> que falamos/fixemos:
>
> - Cambiar a miña chave ssh no ldap. Non funcionou. Sigo con problemas de
> acceso, aínda a pesares de ter creado unha chave nova exclusiva para
> Mandriva. A solución que me deron foi preguntar na canle de #mandriva-cooker
> en freenode. A ver se teño un anaco esta semana e me conecto dende a FIC,
> que aquí teño o ssh capado e non podería facer probas de acceso.
> - Dixeron que estaban planificando a montaxe dun sistema de traducción en
> liña e que querían saber as nosas preferencias ó respecto. Eles falaban de
> Pootle e eu engadín Transifex. De tódolos xeitos, comenteilles que eu non
> estaba moi posto no tema, e que quería consultalo con todos vós antes de dar
> unha opinión pechada sobre o tema (ide dando opinións, por favor). Así que
> me deron os seus enderezos electrónicos (entre eles o xefazo de Mandriva) e
> quedei de mandarlles un correo coas nosas preferencias. Supoño que tamén
> abrirei un fío sobre o tema nas listas de i18n de Mandriva.
>
> E iso é todo polo de agora. Mantereivos informados da evolución destes
> temas.

Pootle ou Transifex son boas opcións. O importante é que o monten ben
e permita enviar as traducións de forma sinxela e que se integran
automaticamente nos repositorios pertinentes. Eu persoalmente prefiro
Transifex, pero a outra xente gustaralle máis o Pootle.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a