Como experiencia persoal, concordo con Leandro, o Transifex acáeme moi ben
para traballar

2011/2/14 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2011/2/12 Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com>:
> > Boas.
> >
> > A fin de semana pasada estiven no Fosdem. Andaba por alí tamén a xente de
> > Mandriva nun stand. Así que, aproveitando, fun presentarme, ensinarlles o
> > noso proxecto (web, wiki, proxectos, etc.), intentar amañar o da miña
> chave
> > ssh para o svn, etc.
> >
> > Botei reunido con eles toda a mañá do sábado. Entre as cousas subliñables
> > que falamos/fixemos:
> >
> > - Cambiar a miña chave ssh no ldap. Non funcionou. Sigo con problemas de
> > acceso, aínda a pesares de ter creado unha chave nova exclusiva para
> > Mandriva. A solución que me deron foi preguntar na canle de
> #mandriva-cooker
> > en freenode. A ver se teño un anaco esta semana e me conecto dende a FIC,
> > que aquí teño o ssh capado e non podería facer probas de acceso.
> > - Dixeron que estaban planificando a montaxe dun sistema de traducción en
> > liña e que querían saber as nosas preferencias ó respecto. Eles falaban
> de
> > Pootle e eu engadín Transifex. De tódolos xeitos, comenteilles que eu non
> > estaba moi posto no tema, e que quería consultalo con todos vós antes de
> dar
> > unha opinión pechada sobre o tema (ide dando opinións, por favor). Así
> que
> > me deron os seus enderezos electrónicos (entre eles o xefazo de Mandriva)
> e
> > quedei de mandarlles un correo coas nosas preferencias. Supoño que tamén
> > abrirei un fío sobre o tema nas listas de i18n de Mandriva.
> >
> > E iso é todo polo de agora. Mantereivos informados da evolución destes
> > temas.
>
> Pootle ou Transifex son boas opcións. O importante é que o monten ben
> e permita enviar as traducións de forma sinxela e que se integran
> automaticamente nos repositorios pertinentes. Eu persoalmente prefiro
> Transifex, pero a outra xente gustaralle máis o Pootle.
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a