Como xa puidestes ter lido en
http://www.trasno.net/content/o-proxecto-trasno-participará-no-dí-da-liberdade-dos-documentos
o Proxecto Trasno vai participar no Día da liberdade dos documentos o
vindeiro 30 de marzo.

Como o sitio web da iniciativa (http://documentfreedom.org/2011) non
ten tradución ao galego, propoñémosvos que entre todos traduzamos o
sitio ao galego como primeiro acto de apoio a esta iniciativa a prol
da liberdade dos documentos. Non parece que o volume do que hai que
traducir sexa excesivo e ademais como aínda queda un mes e pico
podemos ir con algo de calma.

Podedes ler en http://documentfreedom.org/2011/contribute/contribute.html
as instrucións para traducir. Aquelas persoas que queiran colaborar
que respondan a esta mensaxe para que poidamos coordinarnos.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a