Ola Fran,
Eu usei openthesaurus. Non é gran cousa, a verdade. A contorna é bastante
deficiente, require a manipulación do php.ini para que vaia...
E mesturei varias versións...
Partín do svn. Traducín a interface...
Manipulei a base de datos para engadirlle unha táboa máis que recolle a
categoría gramatical, baseándome no código do openthesaurus-es que recolle
esta funcionalidade (pero que está feita sobre unha versión anterior e ten
máis deficiencias aínda), pero o resultado tampouco é satisfactorio 100%
porque no deseño actual a categoría recóllese para cada synset (para os dous
membros dunha sinonimia) e parece máis apropiado que cada membro tivese a
súa. Logo depurei o php e manipulei o deseño da interface para poder editar
os campos que quería usar depurei as partes que non funcionaban e mellorei
as consultas a MySQL.
O resultado é unha trapallada que funciona no servidor local, cando modifico
o php.ini (porque outras cousas non tiran).
Saúdos


2011/2/17 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>

> Ola Miguel,
>
> onde podo obter información de como funcinan este tipo de dicionarios.
> Se a licenza deste engadido para ooo ou LO é libre gustariame nun futuro
> non moi lonxano facer un aplicativo web para consulta contra esta base
> de datos.
>
> Así podo aproveitar para probar algunhas tecnoloxías que tinha ganas de
> meterlle man ao facer isto.
>
> Saúdos
>
> O Xov, 17-02-2011 ás 21:39 +0100, Miguel Solla escribiu:
> > Está dispoñible en
> > http://webs.uvigo.es/miguelsolla/thesaurus-gl.oxt
>
> --
> Fran Diéguez
> GNOME Member and coordinator of Galician L10n Team of GNOME
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a