Pois si que son boas novas.
Avante, Fran!

2011/2/17 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>

> Ola Miguel,
>
> Estiven probando no seu día o OpenThesaurus, e con perdón do developer
> orixinal, pareceme unha cagada de proxecto (tecnicamente falando e tamén
> na execución do mesmo).
>
> O proxecto que tenho en mente é moito máis grande que o propio
> OpenThesaurus. Non só pensando na creación dun software (con licenza GPL
> ou MIT, xa decidirei) completo e fácil de estender, senón tamén que
> inclúa unha interface sinxela e coidada (e engadiría que empregando as
> últimas tecnoloxías en web) e con xestión de múltiples usuarios
> concurrentes en varios proxectos de dicionarios (no sentido máis amplo
> da palabra).
>
> Agora mesmo non tenho tempo para implementar nada por motivos de carga
> de traballo. Pero estimo que antes de escribir unha soa linha de código
> preciso duns:
>  - 2 meses para planificar a infraestrutura e seleccionar as mellores
> tecnoloxías a empregar
>  - unhas 3 semanas para facer prototipos da interface
>  - e finalmente a implementación xa sería algo máis costoso (en termos
> de tempo)
>
> Loxicamente en canto me ponha tentarei contar co bo saber de lingüistas
> que me poidan asesorar.
>
> Este é un proxecto que falamos algúns trasnegos fai tempo e que venho
> tendo na cabeza dende fai algún tempo.
>
> Por suposto ter recursos como o que ti enviaches axuda moitísimo na
> definición e análise inicial do proxecto.
>
> Saúdos
>
> O Xov, 17-02-2011 ás 22:26 +0100, Miguel Solla escribiu:
> > Ola Fran,
> > Eu usei openthesaurus. Non é gran cousa, a verdade. A contorna é
> > bastante deficiente, require a manipulación do php.ini para que
> > vaia...
> > E mesturei varias versións...
> > Partín do svn. Traducín a interface...
> > Manipulei a base de datos para engadirlle unha táboa máis que recolle
> > a categoría gramatical, baseándome no código do openthesaurus-es que
> > recolle esta funcionalidade (pero que está feita sobre unha versión
> > anterior e ten máis deficiencias aínda), pero o resultado tampouco é
> > satisfactorio 100% porque no deseño actual a categoría recóllese para
> > cada synset (para os dous membros dunha sinonimia) e parece máis
> > apropiado que cada membro tivese a súa. Logo depurei o php e manipulei
> > o deseño da interface para poder editar os campos que quería usar
> > depurei as partes que non funcionaban e mellorei as consultas a MySQL.
> > O resultado é unha trapallada que funciona no servidor local, cando
> > modifico o php.ini (porque outras cousas non tiran).
> > Saúdos
>
> --
> Fran Diéguez
> Ubuntu Member and coordinator of Galician L10n Team of GNOME
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a