Exacto.
Un único ficheiro.aff e todos os dicionarios que queiras. Por iso me segue
preocupando acabar unhas cousiñas no.aff e facer a documentación... Algún
día será... Teño algunha folla de cálculo tamén que podería anotar
automaticamente novos dicionarios para que traballen contra o ficheiro de
afixos (menos no caso dos verbos, aínda que se poderían cear con bastante
esforzo). Tamén por iso o que corre máis apuro é ter un .aff rematado (o
actual ten aínda pequenos fallos).
Saúdos


2011/2/18 Gonçalo Cordeiro <gzcorde...@gmail.com>

> Olá,
>
> Em 18-02-2011 09:18, mvillarino escreveu:
> > A ver, a ver, que non dou feito:
> >
> > supoñamos que teño varios dicionarios de especialidade (na páxina do
> > manual do hunspell falan de médicos, pero poñamos que son
> > informáticos, ou de xeografía), poñamos que 19, e que os quero cargar
> > para "mellorar" os resultados dunha corrección ortográfica.
> >
> > Sabe alguén que formato teñen que ter eses dicionarios para que se
> > recoñezan as palabras derivadas (feminino, masculino, singular,
> > plural, esas cousas) ?. Non dou localizado información de utilidade
> > acerca de chamadas a add_dic(), e se o teño que facer mediante un
> > bucle de add_with_affix() poido voltarme tolo. Bueno, como en pyhunse
>
> Pois eu estou tentando isso com o Enchant, mas nom encontro como
> utilizar um dicionário de especialidade junto com um principal (e que
> siga as regras do .aff).
>
> Mas usando o Hunspell directamente, vejo que é suficiente com que o
> dicionário de especialidade tenha o mesmo formato que o principal:
>
> - Cria-se um dicionário gl_soft.dic, com o conteúdo:
> 1
> aaaaante/10
>
> Este dicionário contém apenas 1 palavra que segue a regra 10 (plurais)
> de gl_ES.aff
>
> -Chama-se ambos os dicionários:
> hunspell -d gl_ES,gl_soft -a
>
> - Dá como correctos:
> aaaaante
> *
>
> aaaaantes
> *
>
> Aaaaante
> *
>
> e oferece como alternativa a um erro:
> oaaaantes
> & oaaaantes 5 0: aaaaantes, aaaaante, ondeantes, obstantes, olifantes
>
> Quer dizer, se se engadem formas no dicionário que sigam as mesmas
> regras que o principal, tenhem a mesma funcionalidade. Vamos, que o
> complementa como deveria.
>
> Um saúdo.
>
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a