A deputación de A Coruña convoca por segundo ano o premio Rosalía de Castro
en base a:

Terceira. Méritos que se valoran

Para conceder os premios o xurado terá en conta os seguintes criterios:

- tarefa continuada desenvolvida en favor da normalización lingüística do
galego

- actuacións concretas en favor da dignificación social da lingua galega

- uso habitual e digno do galego nas súas actividades e nos seus servizos

- campañas de información e/ou publicitarias en galego

- contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica,
social e cultural


Ligazón:
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2011/03/04/2011_0000002530.html

Que vos parece se cada GUL envía unha proposta sobre "Proxecto Trasno" ??

Xa o ano pasado estiveron preto de acadalo
http://www.vieiros.com/nova/79664/blogaliza-gana-o-primeiro-premio-rosalia-de-castro-a-difusion-da-lingua
Como vedes nesa nota:
...Pereiro quixo lembrar tamén "o esforzo persoal" de persoas como "a xente
que fixo da Galipedia unha enciclopedia que ten xa o 10% das entradas da
Wikipedia en castelán, dos que traducen en Facebook ou dos que fan que
certas aplicacións informáticas estean dispoñibles en galego"....

Habería que facer énfase nese ... certas aplicacións informáticas... que,
como ben sabedes, son milleiros, con centos de milleiros de cadeas, o que
supón millóns de palabras, ademáis do traballo de asentamento de
terminoloxía técnica da informatica, etc... e que grazas a ese traballo os
computadores do Proxecto Abalar están en galego, sen que a Xunta tivera que
pagarlle a ningunha multinacional nin facer "festas fastuosas de
presentación" ... xa sabedes a que me refiro :-D

O ano pasado a proposta foi presentada por Galpon, se o considerades
oportuno poderiamos facervos chegar o documento enviado daquela.

-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a