http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/glosario.html

En xeral ten o problema de usar un rexistro de idioma coloquial, ata impropio

Arquivo adxunto: > Anexo
"Arquivo" > Ficheiro
Baixar: > Descargar --- Compárense ambas definicións !! ---
Cargar (upload): ---- nótese a incoherencia coa entrada anterior ---
Clave de acceso (password): > Contrasinal
--- Defininión falsa ---
//Clave de acceso (password):
Sinal ou contrasinal dun só uso.//

Copia de seguridade (backup): > Copia de seguranza
Devasa, barreira de control electrónica (firewall): > iso é precisión,
tres solucións
Disco duro: > Disco ríxido ??
ordenador
computadora
Hacker: > Intruso, ou polo menos poñela en cursiva
delictivos. ?? > delitivos
Ligazón (link): Enlace, > outra vez a precisión
color ??
Listaxe de distribución: > Lista/rolda de distribución

    Lista e listaxe son cousas distintas. A listaxe é un conxunto de
listas (=listado). Pénsese no típico papel a bandas das impresoras
matriciais
direccións electrónicas ?? > enderezos electrónicos

*identifica ao usuario > identifica o usuario

*//Programas (software):
Termo xeral que designa os diversos tipos de programas usados en
computación.// Tautoloxía, así queda claro que as peras son peras e as
mazás non son peras :-P

*entorno
*soen organizarse

ciber-... con guión pero logo dise cibernauta ??

Redes persoa-persoa ?? > Redes entre pares ou (de par a par)

Iso si, a persoa redactora que redactou o texto redactado era unha
persoa redactora moi sensible coa *igualdade de xénero: persoas
usuarias... pero non sempre :-P

//Nome de usuario (username):
Nome intelixible que identifica ao usuario dun sistema ou dunha rede.//

Alguén dá mais en tres folios?
Que vergoña de material para a educación.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a