Boas:

En 2011/03/23 10:55, Antón Méixome escribiu:
http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/glosario.html

En xeral ten o problema de usar un rexistro de idioma coloquial, ata impropio

Arquivo adxunto:>  Anexo
"Arquivo">  Ficheiro
Baixar:>  Descargar --- Compárense ambas definicións !! ---
Cargar (upload): ---- nótese a incoherencia coa entrada anterior ---
Clave de acceso (password):>  Contrasinal
--- Defininión falsa ---
//Clave de acceso (password):
Sinal ou contrasinal dun só uso.//
Eu sempre traduzo password como clave.

Copia de seguridade (backup):>  Copia de seguranza
Devasa, barreira de control electrónica (firewall):>  iso é precisión,
tres solucións
Disco duro:>  Disco ríxido ??
ordenador
computadora
Hacker:>  Intruso, ou polo menos poñela en cursiva
delictivos. ??>  delitivos
Ligazón (link): Enlace,>  outra vez a precisión
color ??
Listaxe de distribución:>  Lista/rolda de distribución

     Lista e listaxe son cousas distintas. A listaxe é un conxunto de
listas (=listado). Pénsese no típico papel a bandas das impresoras
matriciais
direccións electrónicas ??>  enderezos electrónicos

*identifica ao usuario>  identifica o usuario

*//Programas (software):
Termo xeral que designa os diversos tipos de programas usados en
computación.// Tautoloxía, así queda claro que as peras son peras e as
mazás non son peras :-P

*entorno
*soen organizarse

ciber-... con guión pero logo dise cibernauta ??

Redes persoa-persoa ??>  Redes entre pares ou (de par a par)

Iso si, a persoa redactora que redactou o texto redactado era unha
persoa redactora moi sensible coa *igualdade de xénero: persoas
usuarias... pero non sempre :-P

//Nome de usuario (username):
Nome intelixible que identifica ao usuario dun sistema ou dunha rede.//

Alguén dá mais en tres folios?
Que vergoña de material para a educación.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a