Hai varias opcións:

1) Abres o Poedit e creas unha memoria de tradución con todos os
ficheiros. Despois abres os ficheiros que tes que traducir e daslle a
facer unha tradución automática (non lembro se o facía só ou se había
que sincronizar co POT). As traducións suxeridas deberían aparecer
todas como dubidosas.
2) Creas un compendio de PO cos ficheiros PO antigos usando a orde
pocompendium. Usando a orde msgfmt e indicando un parámetro que agora
non lembro dislle que use o pocompendium como fonte de traducións
válidas.

2011/3/25 damufo <dam...@gmail.com>:
> Boas:
> Sempre me atopo co mesmo problema e vese que non son quen de resolvelo.
> Resulta que teño un cartefol con 150 ficheiros .po pendentes de traducir.
> E teño outro cartafol con uns 90 .po que están traducidos.
> Gustaríame saber se hai maneira de poder facer un merge entra ficheiros po
> dos dous cartafoles.
>
> Estou coa tradución do Joomla 1.6 e a verdade é que estou bastante agoniado
> co tema. O que máis me amola é ter que estar a traducir o xa traducido, non
> teño nin idea de como reaproveitar o traballo feito e o de partir de 0 non
> me está a resultar nada motivante.
> Para a tradución da parte da portada traducín o 100% desde cero a traveso do
> pootle de trasno agora teño pendente a parte de administración (uns 150
> ficheiros) e non estou moi motivado a traducir todo desde 0.
> Volvo á pregunta inicial, hai forma de pasar o xa traducido ao pendente de
> traducir para que o que coincida sexa inserido como suxestión?
>
> Veño de probar varias opcións. Wordforge, o que mellor pinta ten, pero non
> dou sabido como usalo.
> O virtaal, non vexo que xestione proxectos e como no meu caso manexo tantos
> ficheiros non me acaba de convencer ademáis só permite o uso dun ficheiro de
> teminoloxía.
>
> Paréceme raro que non haxa algo tan simple como:
>
> Teño este grupo de ficheiros .po sen traducir.
> pois agora busca neste outro grupo posibles traducións para os primeiros (os
> que están sen traducir) isto existe?
>
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a