2011/3/25 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> Hai varias opcións:
>
> 1) Abres o Poedit e creas unha memoria de tradución con todos os
> ficheiros. Despois abres os ficheiros que tes que traducir e daslle a
> facer unha tradución automática (non lembro se o facía só ou se había
> que sincronizar co POT). As traducións suxeridas deberían aparecer
> todas como dubidosas.
> 2) Creas un compendio de PO cos ficheiros PO antigos usando a orde
> pocompendium. Usando a orde msgfmt e indicando un parámetro que agora
> non lembro dislle que use o pocompendium como fonte de traducións
> válidas.

Mirei un pouco por riba e non atopo información de como facelo da
forma 2. Teño que marchar, pero podo asegurarche que a primeira forma
funciona.

> 2011/3/25 damufo <dam...@gmail.com>:
>> Boas:
>> Sempre me atopo co mesmo problema e vese que non son quen de resolvelo.
>> Resulta que teño un cartefol con 150 ficheiros .po pendentes de traducir.
>> E teño outro cartafol con uns 90 .po que están traducidos.
>> Gustaríame saber se hai maneira de poder facer un merge entra ficheiros po
>> dos dous cartafoles.
>>
>> Estou coa tradución do Joomla 1.6 e a verdade é que estou bastante agoniado
>> co tema. O que máis me amola é ter que estar a traducir o xa traducido, non
>> teño nin idea de como reaproveitar o traballo feito e o de partir de 0 non
>> me está a resultar nada motivante.
>> Para a tradución da parte da portada traducín o 100% desde cero a traveso do
>> pootle de trasno agora teño pendente a parte de administración (uns 150
>> ficheiros) e non estou moi motivado a traducir todo desde 0.
>> Volvo á pregunta inicial, hai forma de pasar o xa traducido ao pendente de
>> traducir para que o que coincida sexa inserido como suxestión?
>>
>> Veño de probar varias opcións. Wordforge, o que mellor pinta ten, pero non
>> dou sabido como usalo.
>> O virtaal, non vexo que xestione proxectos e como no meu caso manexo tantos
>> ficheiros non me acaba de convencer ademáis só permite o uso dun ficheiro de
>> teminoloxía.
>>
>> Paréceme raro que non haxa algo tan simple como:
>>
>> Teño este grupo de ficheiros .po sen traducir.
>> pois agora busca neste outro grupo posibles traducións para os primeiros (os
>> que están sen traducir) isto existe?
>>
>>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a