Boas.

A forma máis fácil é OmegaT, ou iso creo.

Crea un proxecto de tradución e mete todos os ficheiros, podes
respetar os cartafoles, no cartafol source. Se xa están traducidos, el
aproveita esas cadeas traducidas para traducir o resto de ficheiros
automaticamente, e en última instancia empregaos como tmx.

Proba e conta. A min pareceme moi simple e soeme funcionar.

Un saúdo.

2011/3/25 J.M. Castroagudín <chavescesu...@gmail.com>:
> On Fri, 25 Mar 2011 15:05:17 +0100
> Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> wrote:
>
>> 2011/3/25 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>> > Hai varias opcións:
>> >
>> > 1) Abres o Poedit e creas unha memoria de tradución con todos os
>> > ficheiros. Despois abres os ficheiros que tes que traducir e daslle
>> > a facer unha tradución automática (non lembro se o facía só ou se
>> > había que sincronizar co POT). As traducións suxeridas deberían
>> > aparecer todas como dubidosas.
>> > 2) Creas un compendio de PO cos ficheiros PO antigos usando a orde
>> > pocompendium. Usando a orde msgfmt e indicando un parámetro que
>> > agora non lembro dislle que use o pocompendium como fonte de
>> > traducións válidas.
>>
>> Mirei un pouco por riba e non atopo información de como facelo da
>> forma 2. Teño que marchar, pero podo asegurarche que a primeira forma
>> funciona.
>
> En realidade creo que non é co 'msgfmt'. É con 'msgmerge'. Se pos 'man
> msgmerge' nun terminal, terás información máis estendida, pero en
> resumo ven sendo algo así:
>
> msgmerge traducido.po sen_traducir.po -o ficheiro_novo.po
>
> Se en vez de 'traducido' usas un compendio de todo o traducido, pois
> mellor, claro. Pero ven sendo iso.
>
>
>>
>> > 2011/3/25 damufo <dam...@gmail.com>:
>> >> Boas:
>> >> Sempre me atopo co mesmo problema e vese que non son quen de
>> >> resolvelo. Resulta que teño un cartefol con 150 ficheiros .po
>> >> pendentes de traducir. E teño outro cartafol con uns 90 .po que
>> >> están traducidos. Gustaríame saber se hai maneira de poder facer
>> >> un merge entra ficheiros po dos dous cartafoles.
>> >>
>> >> Estou coa tradución do Joomla 1.6 e a verdade é que estou bastante
>> >> agoniado co tema. O que máis me amola é ter que estar a traducir o
>> >> xa traducido, non teño nin idea de como reaproveitar o traballo
>> >> feito e o de partir de 0 non me está a resultar nada motivante.
>> >> Para a tradución da parte da portada traducín o 100% desde cero a
>> >> traveso do pootle de trasno agora teño pendente a parte de
>> >> administración (uns 150 ficheiros) e non estou moi motivado a
>> >> traducir todo desde 0. Volvo á pregunta inicial, hai forma de
>> >> pasar o xa traducido ao pendente de traducir para que o que
>> >> coincida sexa inserido como suxestión?
>> >>
>> >> Veño de probar varias opcións. Wordforge, o que mellor pinta ten,
>> >> pero non dou sabido como usalo.
>> >> O virtaal, non vexo que xestione proxectos e como no meu caso
>> >> manexo tantos ficheiros non me acaba de convencer ademáis só
>> >> permite o uso dun ficheiro de teminoloxía.
>> >>
>> >> Paréceme raro que non haxa algo tan simple como:
>> >>
>> >> Teño este grupo de ficheiros .po sen traducir.
>> >> pois agora busca neste outro grupo posibles traducións para os
>> >> primeiros (os que están sen traducir) isto existe?
>> >>
>> >>
>> >>
>> >>
>> >> _______________________________________________
>> >> Proxecto mailing list
>> >> Proxecto@trasno.net
>> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >>
>> >
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
> --
> Saúde,
>
> J. M. Castroagudín (jchaves)
> http://chav.es
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a