2011/4/13 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> 2011/4/12 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
>>
>>
>> 2011/4/12 Indalecio Freiría Santos <ifrei...@gmail.com>
>>>
>>> A que hora hai que ir para montar o tinglado? Non nos virian mal unhas
>>> azafatas xD
>>
>> Abre ás 10:00, creo. E... máis ben creo que somos nós os azafatos xDDD
>
> Poñemos unha nova no sitio de Trasno anunciando que imos estar alí e
> que haberá un relatorio e un obradoiro?

Vexo que ninguén a pon. Eu ata mañá na XGN non teño posibilidade de poñela.

> Por outra banda, se podes, insistelles en que habiliten unha sala con
> ordenadores como o ano pasado para poder realizar o obradoiro. Non
> creo que a xente leve o seu ordenador.

Non sei quen me dixera que os ordenadores ían ter Windows. Estoume
matando para conseguir que os programas funcionen en Windows pero non
consigo que me pillen a memoria de tradución nin o glosario. Probei
con Lokalize (que se me pecha só) e con Virtaal (que non me carga as
memorias nin os glosarios). Como para o obradoiro siga igual dame a
min que máis que obradoiro vai ser un relatorio.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a