Envíovos este correo para presentarme , son David Diz .

Actualmente traballo no desenvolvemento e implantación de software
empresarial mediante a ferramenta de código aberto OpenERP
http://www.openerp.com/es

O proxecto está aloxado en launchpad
https://launchpad.net/openobject

Esta ferramenta é multilinguaxe e as traduccións fanse mediante arquivos .po
e pódense descargar ou editar online en launchpad a través de rosetta,
por exemplo a traducción da última versión estable do servidor:
https://translations.launchpad.net/openobject-server/6.0/+pots/base/gl/+translate

Dende fai un par de anos levo facendo aportacións a traducción ao galego do
servidor , os clientes web e gtk e os módulos dispoñibles ( mais de 500 )
aínda que de forma independente valéndome das
ferramentas existentes.

Foi Enrique Estévez (Keko) da oficina de software libre da usc quen me fixo
saber da existencia desta lista de correo.

Un saúdo.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a