Ola David.

Encantados de contar contigo na rolda de Trasno. Nos botarémosche unha
man cos consensos da comunidade galega de localización e ti porás a
túa experiencia no campo concreto de OpenERP. Para traducir ben, fan
falta as dúas partes, coñecer a parte do idioma (terminoloxía, estilo
usado pola comunidade, consensos, ...) e parte técnica relacionado con
ese aplicativo (o contexto no que se traduce e outras máis).

Alégrame que te apuntaras. Como xa che dixen no seu momento, en breve
terá lugar unha nova Trasnada e sería un bo momento para asistir a ela
e coñecer máis sobre o proxecto e a comunidade galega que alí se
reunirá para chegar a acordos que se deberán aplicar nas traducións
que leva cada un. Creo que será en Ourense aínda que eu desta vez non
podería asistir.

Un saúdo.



2011/4/28 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> Benvido David,
>
> de seguro que aquí atoparás axuda para mellorar as túas traducións e
> para despexar dúbidas.
>
> Nesta rolda podes preguntar sobre o que queiras:
>  - Software que usamos para traducir
>  - Software que usamos para revisar ortográficamente
>  - Software que usamos para revisar terminoloxía
>  - Despexar dúbidas terminolóxicas
>  - e en xeral calquera dúbida relacionada co tema da rolda
>
> Agardo que a túa estadía nesta rolda sexa de agradábel.
>
> Saúdos
> --
> Fran Dieguez
> Coordinator of GNOME L10n Galician Team & GNOME member
> l10n.gnome.org/teams/gl - frandieg...@gnome.org
>
>
> O Xov, 28-04-2011 ás 09:26 +0200, David Diz escribiu:
>> Envíovos este correo para presentarme , son David Diz .
>>
>> Actualmente traballo no desenvolvemento e implantación de software
>> empresarial mediante a ferramenta de código aberto OpenERP
>> http://www.openerp.com/es
>>
>> O proxecto está aloxado en launchpad
>> https://launchpad.net/openobject
>>
>> Esta ferramenta é multilinguaxe e as traduccións fanse mediante
>> arquivos .po e pódense descargar ou editar online en launchpad a
>> través de rosetta,
>> por exemplo a traducción da última versión estable do servidor:
>> https://translations.launchpad.net/openobject-server/6.0/+pots/base/gl/+translate
>>
>> Dende fai un par de anos levo facendo aportacións a traducción ao
>> galego do servidor , os clientes web e gtk e os módulos dispoñibles
>> ( mais de 500 ) aínda que de forma independente valéndome das
>> ferramentas existentes.
>>
>> Foi Enrique Estévez (Keko) da oficina de software libre da usc quen me
>> fixo saber da existencia desta lista de correo.
>>
>> Un saúdo.
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a