Benvido!

2011/4/28 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>

> Ola David.
>
> Encantados de contar contigo na rolda de Trasno. Nos botarémosche unha
> man cos consensos da comunidade galega de localización e ti porás a
> túa experiencia no campo concreto de OpenERP. Para traducir ben, fan
> falta as dúas partes, coñecer a parte do idioma (terminoloxía, estilo
> usado pola comunidade, consensos, ...) e parte técnica relacionado con
> ese aplicativo (o contexto no que se traduce e outras máis).
>
> Alégrame que te apuntaras. Como xa che dixen no seu momento, en breve
> terá lugar unha nova Trasnada e sería un bo momento para asistir a ela
> e coñecer máis sobre o proxecto e a comunidade galega que alí se
> reunirá para chegar a acordos que se deberán aplicar nas traducións
> que leva cada un. Creo que será en Ourense aínda que eu desta vez non
> podería asistir.
>
> Un saúdo.
>
>
>
> 2011/4/28 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> > Benvido David,
> >
> > de seguro que aquí atoparás axuda para mellorar as túas traducións e
> > para despexar dúbidas.
> >
> > Nesta rolda podes preguntar sobre o que queiras:
> >  - Software que usamos para traducir
> >  - Software que usamos para revisar ortográficamente
> >  - Software que usamos para revisar terminoloxía
> >  - Despexar dúbidas terminolóxicas
> >  - e en xeral calquera dúbida relacionada co tema da rolda
> >
> > Agardo que a túa estadía nesta rolda sexa de agradábel.
> >
> > Saúdos
> > --
> > Fran Dieguez
> > Coordinator of GNOME L10n Galician Team & GNOME member
> > l10n.gnome.org/teams/gl - frandieg...@gnome.org
> >
> >
> > O Xov, 28-04-2011 ás 09:26 +0200, David Diz escribiu:
> >> Envíovos este correo para presentarme , son David Diz .
> >>
> >> Actualmente traballo no desenvolvemento e implantación de software
> >> empresarial mediante a ferramenta de código aberto OpenERP
> >> http://www.openerp.com/es
> >>
> >> O proxecto está aloxado en launchpad
> >> https://launchpad.net/openobject
> >>
> >> Esta ferramenta é multilinguaxe e as traduccións fanse mediante
> >> arquivos .po e pódense descargar ou editar online en launchpad a
> >> través de rosetta,
> >> por exemplo a traducción da última versión estable do servidor:
> >>
> https://translations.launchpad.net/openobject-server/6.0/+pots/base/gl/+translate
> >>
> >> Dende fai un par de anos levo facendo aportacións a traducción ao
> >> galego do servidor , os clientes web e gtk e os módulos dispoñibles
> >> ( mais de 500 ) aínda que de forma independente valéndome das
> >> ferramentas existentes.
> >>
> >> Foi Enrique Estévez (Keko) da oficina de software libre da usc quen me
> >> fixo saber da existencia desta lista de correo.
> >>
> >> Un saúdo.
> >> _______________________________________________
> >> Proxecto mailing list
> >> Proxecto@trasno.net
> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
http://trasno.net/
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
http://www.jabberes.org/
aovi...@jabberes.org

Un saúdo!
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a