2011/4/29 damufo <dam...@gmail.com>:
> Boas
> Teño unha cuestión con
>
> Match case
> Entendo que a tradución correcta sería
> Diferenciar maiúsculas e minúsculas
>
> O caso é, existe capitalización con este significado?
> Diferenciar capitalización?
>
> Aquí aparece:
> http://en.gl.open-tran.eu/suggest/Match%20case
>
> Comento isto porque penso que queda moi longo o texto da tradución respecto
> do texto orixinal.
> case-> maiúsculas e minúsculas
>
> Algunha opinión?

«Match case» tradúcese como «diferenciar maiúsculas de minúsculas»
segundo os catro glosarios para os que atopei resultados:
https://forxa.mancomun.org/plugins/scmsvn/viewcvs.php/match_case.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup

Pero segundo entendo a túa dúbida é como traducir «case». Respecto
disto non cho sei e unha busca rápida no Digalego non me solucionou a
dúbida.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a