Cando hai problemas de espazo... imaxinación ao poder... lembro os centos de
probas que tiven que facer no Winff... caixas fixas en Tk e houbo que usar a
imaxinación... a solución do español é doada de entender.

2011/4/29 damufo <dam...@gmail.com>

> Boas o match case é bastante común con respecto a cadros de busca onde
> aparece como opción.
>
> Neste caso a tradución do portugués foi:
> Considerar maiúsculas e minúsculas
>
> E a do español:
> MAYÚS/minús
>
> A miña explicación para a tradución do español é que a outra opción é moi
> extensa en canto a caracteres.
>
> Está claro que "Diferenciar maiúsculas e minúsculas" é a tradución máis
> axeitada, pero que pasa se non cabe? sería posíbel ter alternativa ou unha
> abreviatura para esta tradución.
>
>
>
>
> En 2011/04/29 12:18, Leandro Regueiro escribiu:
>
>  2011/4/29 damufo<dam...@gmail.com>:
>>
>>> Boas
>>> Teño unha cuestión con
>>>
>>> Match case
>>> Entendo que a tradución correcta sería
>>> Diferenciar maiúsculas e minúsculas
>>>
>>> O caso é, existe capitalización con este significado?
>>> Diferenciar capitalización?
>>>
>>> Aquí aparece:
>>> http://en.gl.open-tran.eu/suggest/Match%20case
>>>
>>> Comento isto porque penso que queda moi longo o texto da tradución
>>> respecto
>>> do texto orixinal.
>>> case->  maiúsculas e minúsculas
>>>
>>> Algunha opinión?
>>>
>> «Match case» tradúcese como «diferenciar maiúsculas de minúsculas»
>> segundo os catro glosarios para os que atopei resultados:
>>
>> https://forxa.mancomun.org/plugins/scmsvn/viewcvs.php/match_case.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup
>>
>> Pero segundo entendo a túa dúbida é como traducir «case». Respecto
>> disto non cho sei e unha busca rápida no Digalego non me solucionou a
>> dúbida.
>>
>> Deica
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a