El 05/05/11 20:41, J.M. Castroagudín escribió:
> Am Thu, 5 May 2011 19:11:54 +0200
> schrieb Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>
>> Por imperativos familiares teño que afacerme a traballar con CentOS...
>> hai alguén que estea afeito a el?
>>
> Boas,
>
> A min tocárame hai tempo enredar hai tempo con RedHat, por culpa de non
> sei que cousa que comprara (ou ía comprar) a empresa e que non levaba
> soporte para Debian. Así que, antes de comprar aquela cousa, recordo ter
> trasteado cunha CentOS, para írmonos afacendo.
>
> A nivel dun usuario: pouca diferencia hai. Segues tendo un escritorio,
> co seu navegador e con todas as cousas que hai en calquera distro.
>
> Para instalar cousas: creo que tiña algo coma o Synaptic, pero non
> che sei dicir máis. Dende a consola, hai que usar "yum" en vez de
> "apt-*". Creo recordar que "yum search" era algo máis xeitoso ca o
> "apt-cache search", e que "yum update" non era coma o "at-get update",
> senón coma un "upgrade". Pero vaia, unha vez cambias algo o chip, logo
> te afás. 
>
> Que máis... podes atopar algún cambio no /etc, e pode que non teñas
> cousas como "locate", "updatedb"... Pero non sei se non viñan
> instalados, ou é que non os había nos repos... Igual tampouco tes
> cousas como o "update-alternatives", pero xa non me acordo. Ademais,
> pode que todo isto xa cambiara dende aquela...
>
> Ao final, é unha distro que usa Linux e máis as utilidades GNU, así que
> calquera cousa que tiveras funcionando nunha Debian-like, hanche de
> funcionar aí. Estou a pensar en cousas coma scripts que usen grep, awk,
> e así, e en cousas algo máis estrámboticas que teñan que mirar
> algo en /proc, ou cousas raras.
>
> Mmm... que máis... pode que, se non tocas nada durante a instalación,
> teñas predeterminadas cousas coma SElinux. Recordo hai tempo ter
> probado unha fedora, mantendo /home aparte, e cando volvín a Debian,
> tiña os permisos dos ficheiros de /home algo trastocados.
>
> Pouca cousa máis che podo contar así de memoria. Se cadra cando empeces
> a fedellar atopas cousas raras, e ao mellor se as comentas podo
> recordar se a min tamén me pasara, e botarche unha man...
>
>
> Por certo... isto é algo off-topic, non? jejeje
>
Se utilizaches algunha vez Red Hat, sera moi similar xa que CentOS e
unha distro derivada de Red Hat polo que non ha de cambiar moito.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a