2011/5/6 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> en «licenciado» xa pensara, máis, quizais por deformación do castelán,
> entendo máis, e sospeito que a maioría da xente, que licenciado é quen ten
> un título de licenciatura.

As palabras teñen acepcións, valores
O concepto en si viría do verbo "licenciar", e este do latín licentia.
E dicir, non vén do substantivo licenza nin de licencia

A penosa definición do DRAG confirma o que sospeitas
3. Persoa que obtivo nunha facultade o título que a habilita para
exerce-la carreira

En resumo, que non son formas excluentes. Pódese dicir licenciador ou
licenciante; e licenciado ou licenciatario pero para min forman
parellas non mesturables, en función do sufixo

a) licenciante/licenciado (derivados verbais de licenciar)
b) licenciador/licenciatario (derivados nominais de licenza)




>
> 2011/5/6 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>
>> Probablemente se poidan aceptar como termos do ámbito xurídico, non os
>> vexo recollidos nos dicionarios; pero eu faría outra parella
>>
>> licenciante/licenciado (Licensor/Licensee)
>>
>> Quen canta é cantante, quen licenza é licenciante...
>>
>> En todo caso serían así como puxeches e non *licenzador, *licenzatario
>> por moito que o termo simple sexa licenza, porque os derivados son
>> cultos e faríanse sobre a base latina "licentia"
>>
>>
>> 2011/5/6 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>> > O corrector damas como incorrectas... alguén pode aclararme algo?
>> > Licenciador/a →persoa/entidade propietaria dunha licencia de explotación
>> > (dereitos de autoría)
>> > Licenciatario/a → persoa autorizada polo/a licenciador/a para o emprego
>> > dunha obra sometida a unha licencia (licenciada - dereitos de autoría)
>> >
>> > --
>> >  /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
>> > _\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> >
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
> --
>  /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
> _\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a