Debo comentar que como coordinador de LibO si estou convidado a
participar. Entendo que, entre outras cousas, resulta de interese
divulgar en cantas oportunidades se nos presenten a existencia de
LibreOffice. A elección foi deles e convidáronme concretamente por
LibO para presentar as novas cousas que se están a facer.

Prefiro non opinar sobre postura que convén a Trasno. É certo que
resulta rechamante que mentres si que se conta con Trasno nas
universidades, nos medios de comunicación e mesmo temos convenios
oficiais coa SXMIT ... pero sen embargo a SXPL descoñece a posición de
Trasno no ecosistema do galego e Internet.

Desde logo, algo direi ao respecto.



2011/5/13 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> Despois de falar cos membros da directiva, naide máis recibiu este
> convite...
>
> pido permiso para rexeitalo, como vicepresidente de Trasno, a modo de queixa
> por ignorar a existencia de Trasno neste contexto.
>
>
>
> ---------- Forwarded message ----------
> From: Anxo M. Lorenzo Suárez <anxo.manuel.lorenzo.sua...@xunta.es>
> Date: 2011/5/12
> Subject: Xornada "letras galegas e internet"
> To: secretaria.xe...@aelg.org
>
>
> Bos días,
>
> A Xunta de Galicia desenvolverá o 19 de maio unha xornada de traballo
> sobre as letras galegas e internet. A xornada, organizada pola
> Secretaría Xeral de Política Lingüística coa colaboración da
> Secretaría Xeral de Medios e da Secretaría Xeral de Modernización e
> Innovación Tecnolóxica, será de asistencia libre e terá o seguinte
> contido:
>
> 10:30 Inauguración
> 10:40 Novidades nas tecnoloxías da fala. Mesa 1: BuscaTermos, novo
> corrector Galgo e tradución automática en liña.
> 11:10 Novidades nas tecnoloxías da fala. Mesa 2: Dicionario de
> pronuncia da lingua galega locutado e Digalego.
> 11:30 Aprendizaxe do galego en liña.
> 11:40 Recursos para a etapa infantil en internet.
> 11:50 Pausa-café.
> 12:20 Novos programas informáticos en galego: proxectos de software
> libre e novos recursos de software propietario.
> 12:50 O teu móbil en galego.
> 13:00 Recursos audiovisuais na rede.
> 13:10 Novos títulos en galego en libro electrónico.
> 13:20 Un novo pulo para o dominio .gal.
> 13:30 Clausura.
>
> Esta xornada de traballo celebrarase o xoves 19 de maio no Centro
> Multimedia de Galicia (Rúa do Hórreo n.º 61 Santiago de Compostela).
> Se estás interesado/a en asistir, a entrada é libre (prégase
> confirmación de asistencia no teléfono 981 545436 ou no enderezo
> electrónico sxpl.secreta...@xunta.es).
>
> Apertas cordiais,
>
> Anxo
>
> --
> ----------------------------------------------------
> Anxo M. Lorenzo Suárez
> Secretario xeral de Política Lingüística
>
> Correo-e: anxo.manuel.lorenzo.sua...@xunta.es
> Twitter: http://twitter.com/alorenzo64
> Facebook: http://facebook.com/anxo.lorenzo
>
> Enderezo postal:
> Secretaría xeral de Política Lingüística
> Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
> Xunta de Galicia
> Rúa da Pastoriza 8
> 15781 Santiago de Compostela (A Coruña)
>
> Fax: 981 54 44 24
> Teléfono: 981 54 54 57
> Web: http://www.xunta.es/linguagalega/
> ----------------------------------------------------
>
> Esta mensaxe contén información confidencial. Se vostede non é o
> destinatario/a desta mensaxe, prégolle que a destrúa.
>
>
>
> --
>  /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
> _\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a