Entendo que na SXPL deberían ter maneira de nos contactar "oficialmente",
sen ter que recurrir a convites persoais. Polo tanto paréceme que os que
recibistedes a invitación queda nas vosas mans ir, mais sempre a nivel
persoal pero nunca como asociación.

2011/5/13 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>
> Prefiro non opinar sobre postura que convén a Trasno. É certo que
> resulta rechamante que mentres si que se conta con Trasno nas
> universidades, nos medios de comunicación e mesmo temos convenios
> oficiais coa SXMIT ... pero sen embargo a SXPL descoñece a posición de
> Trasno no ecosistema do galego e Internet.


Moi acertada esa última frase.

Saúdos
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a