Home, non é por nada (non é crítica, os paquetes de idioma para Mozilla non
son nin segundo plato, si tal, "postre", non interesan..), pero o paquete de
idioma de galego oficial na páxina de AMO non existe:
https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/language-tools/

En http://galician.mozdev.org/ tampouco aparece ningunha ligazón

Si que aparece nas roldas, e son ligazóns a ftps e tal.. e a xente "normal"
como que non sabe remexerse polas roldas/ftps...

OLLO, que tampouco existe o language pack de castelán en AMO, pero aínda que
doia oilo, a xente "normal" de Windows soe ter primeiro o navegador en
castelán, porque o primeiro que fan e navegar co IE en castelán (idioma por
defecto do windows) e a partires desta situación tentan galeguizar o SO.
Para iso van descargargando paquetes de idioma galego.. que non dan atopado
na maioría dos casos.

Que habería que mellorar??

A publicidade destes recursos..crear máis artigos divulgativos en
blogs/páxinas tanto persoais como "corporativas" (e non correos en roldas;
síntoo, pero iso non é para os usuarios de a pé) de como instalar estas
cousiñas..

P.D: Sen ningún tipo de acritude ehhh..

Saúdos.


2011/5/24 Antón Méixome <cert...@certima.net>

> Así que por unha banda temos que dar moitas gracias aos tradutores e
> desenvolvedores que fan posible que poidamos dispoñer de Firefox e
> Thunderbird con configuración bilingüe, e por outro lado temos que
> darlles un pequeno tirón de orellas por manter en segredo o lugar onde
> se gardan os paquetes de idioma.
>
>
> http://atigalicia.wordpress.com/2011/04/09/firefox-4-e-thunderbird-3-bilingues-galegoespanol/
>
> Pedir non ten cancelas, agora ofrecerse a axudar parece que costa
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
--
Tu web totalmente gratis:
http://www.000webhost.com/<http://www.000webhost.com/352819.html>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a