Coño! pois a iso mesmo me refiro

Xa que o detectou e creou un recurso útil que faltaba claramente, ben
podía comunicalo ao grupo de tradución (que estou seguro que sabe
localizar) ou poñelo en coñecemento de alguén máis, que eu atopeino de
casualidade.

Está claro que faltan recursos transversais especialmente sobre
información dirixida aos usuarios.




2011/5/25 damufo <dam...@gmail.com>:
> Boas:
> Penso que tes moita razón, por iso puxen esta estrada no meu blogue
> http://www.dani.gl/blogue/?p=268
>
> Proba a pór no google: paquete thunderbird galego
> ou: traducir firefox galego
> A min sáeme nos 3 primeiros postos, a partir de aí penso que é facil que
> calquera traduza o seu firefox ou thunderbird.
>
> En 2011/05/25 09:44, Frco. Javier Rial escribiu:
>>
>> Home, non é por nada (non é crítica, os paquetes de idioma para Mozilla
>> non son nin segundo plato, si tal, "postre", non interesan..), pero o
>> paquete de idioma de galego oficial na páxina de AMO non existe:
>> https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/language-tools/
>>
>> En http://galician.mozdev.org/ tampouco aparece ningunha ligazón
>>
>> Si que aparece nas roldas, e son ligazóns a ftps e tal.. e a xente
>> "normal" como que non sabe remexerse polas roldas/ftps...
>>
>> OLLO, que tampouco existe o language pack de castelán en AMO, pero aínda
>> que doia oilo, a xente "normal" de Windows soe ter primeiro o navegador en
>> castelán, porque o primeiro que fan e navegar co IE en castelán (idioma por
>> defecto do windows) e a partires desta situación tentan galeguizar o SO.
>> Para iso van descargargando paquetes de idioma galego.. que non dan atopado
>> na maioría dos casos.
>>
>> Que habería que mellorar??
>>
>> A publicidade destes recursos..crear máis artigos divulgativos en
>> blogs/páxinas tanto persoais como "corporativas" (e non correos en roldas;
>> síntoo, pero iso non é para os usuarios de a pé) de como instalar estas
>> cousiñas..
>>
>> P.D: Sen ningún tipo de acritude ehhh..
>>
>> Saúdos.
>>
>>
>> 2011/5/24 Antón Méixome <cert...@certima.net <mailto:cert...@certima.net>>
>>
>>    Así que por unha banda temos que dar moitas gracias aos tradutores e
>>    desenvolvedores que fan posible que poidamos dispoñer de Firefox e
>>    Thunderbird con configuración bilingüe, e por outro lado temos que
>>    darlles un pequeno tirón de orellas por manter en segredo o lugar onde
>>    se gardan os paquetes de idioma.
>>
>>
>>  http://atigalicia.wordpress.com/2011/04/09/firefox-4-e-thunderbird-3-bilingues-galegoespanol/
>>
>>    Pedir non ten cancelas, agora ofrecerse a axudar parece que costa
>>    _______________________________________________
>>    Proxecto mailing list
>>    Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
>>    http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>>
>>
>> --
>> --
>> Tu web totalmente gratis: http://www.000webhost.com/
>> <http://www.000webhost.com/352819.html>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a