Ola a todos.

Si, sempre se pode mellorar, pero hai que ir pouco a pouco.

En Mozdev, pasan de todo, e seguen sen contestarme, eu vou optar por
montar un blogue en condicións noutro sitio. Xa o comentei e agora
falta que en Trasno nos crean unha conta de Drupal para mozilla, en
plan, mozilla.trasno.net e en galician.mozdev.org, pomos unha
redirección. Outra opción sería comprar un dominio en plan mozilla.gl
e que apunte ao novo lugar, pero non temos fondos.

Con respecto ao dos complementos do idioma, eu non pode atender a
todo. Ultimamente hai moito traballo, tanto na miña vida laboral como
na persoal, e en Mozilla, están facendo moitos cambios co que non dou
seguido a roda, xa que agora co ciclo rápido de desenvolvemento, pois
case se triplicaron as ramas que atender.

Damufo, creo que é a persoa que se encarga de empaquetar o
corrector.Preguntareille como se fai e a ver se son capaz de
empaquetar eu os .xpi ou se o pode facerl el directamente. Eu xa
preguntarei a xente de mozilla, e tentarei conseguir que nos coloquen
o paquete de idioma aquí:
https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/language-tools/

E atopar os produtos en galego é moi fácil, xa que por ahora somos un
idioma oficial, e indo as páxinas, xa se deberían abrir no teu idioma
se o tes por defecto no sistema. E senón cambiando no selector de
idioma, e ahí, xa aparecen as descargas dos produtos en galego.

Fai tempo, pedínlle a xente da rolda de galician.mozdev que dixera
como quería colaborar, e salvo dúas-tres persoas que contestaron que
podían facer algo moi concreto todo o mundo calou. E por agora non
podo explicar como se fan x cousas porque malamente as vou facendo eu,
e cando comezo a saber como vai o tema cambia de novo. O dito, fan
falta voluntarios e que digan que pode aportar cada un, para que o
coordinador poida distribuír o traballo, senón teno que facer el so.
Como sabedes, aquí as cousas, cando son, son para xa. Non avisan con
moito tempo de antelación, e os que estamos, estamos de hobby, no noso
tempo libre, xa que a maior parte do día temos un traballo (e eu teño
sorte que podo ir sacando horas do mesmo para facer cousas en
mozilla).

Todo o que digo, tamén o digo sen ningún tipo de acritude ehhh.

Saúdos a todos.

2011/5/25 Frco. Javier Rial <dev.fjr...@gmail.com>:
> Home, non é por nada (non é crítica, os paquetes de idioma para Mozilla non
> son nin segundo plato, si tal, "postre", non interesan..), pero o paquete de
> idioma de galego oficial na páxina de AMO non existe:
> https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/language-tools/
>
> En http://galician.mozdev.org/ tampouco aparece ningunha ligazón
>
> Si que aparece nas roldas, e son ligazóns a ftps e tal.. e a xente "normal"
> como que non sabe remexerse polas roldas/ftps...
>
> OLLO, que tampouco existe o language pack de castelán en AMO, pero aínda que
> doia oilo, a xente "normal" de Windows soe ter primeiro o navegador en
> castelán, porque o primeiro que fan e navegar co IE en castelán (idioma por
> defecto do windows) e a partires desta situación tentan galeguizar o SO.
> Para iso van descargargando paquetes de idioma galego.. que non dan atopado
> na maioría dos casos.
>
> Que habería que mellorar??
>
> A publicidade destes recursos..crear máis artigos divulgativos en
> blogs/páxinas tanto persoais como "corporativas" (e non correos en roldas;
> síntoo, pero iso non é para os usuarios de a pé) de como instalar estas
> cousiñas..
>
> P.D: Sen ningún tipo de acritude ehhh..
>
> Saúdos.
>
>
> 2011/5/24 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>
>> Así que por unha banda temos que dar moitas gracias aos tradutores e
>> desenvolvedores que fan posible que poidamos dispoñer de Firefox e
>> Thunderbird con configuración bilingüe, e por outro lado temos que
>> darlles un pequeno tirón de orellas por manter en segredo o lugar onde
>> se gardan os paquetes de idioma.
>>
>>
>> http://atigalicia.wordpress.com/2011/04/09/firefox-4-e-thunderbird-3-bilingues-galegoespanol/
>>
>> Pedir non ten cancelas, agora ofrecerse a axudar parece que costa
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
> --
> --
> Tu web totalmente gratis: http://www.000webhost.com/
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a