@keko
Creei un libro no web de trasno aquí: http://trasno.net/?q=node/21
se e isto o que precisas avisame e xa fago o subdominio mozilla.trasno.net

2011/5/25 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>

> Ola a todos.
>
> Si, sempre se pode mellorar, pero hai que ir pouco a pouco.
>
> En Mozdev, pasan de todo, e seguen sen contestarme, eu vou optar por
> montar un blogue en condicións noutro sitio. Xa o comentei e agora
> falta que en Trasno nos crean unha conta de Drupal para mozilla, en
> plan, mozilla.trasno.net e en galician.mozdev.org, pomos unha
> redirección. Outra opción sería comprar un dominio en plan mozilla.gl
> e que apunte ao novo lugar, pero non temos fondos.
>
> Con respecto ao dos complementos do idioma, eu non pode atender a
> todo. Ultimamente hai moito traballo, tanto na miña vida laboral como
> na persoal, e en Mozilla, están facendo moitos cambios co que non dou
> seguido a roda, xa que agora co ciclo rápido de desenvolvemento, pois
> case se triplicaron as ramas que atender.
>
> Damufo, creo que é a persoa que se encarga de empaquetar o
> corrector.Preguntareille como se fai e a ver se son capaz de
> empaquetar eu os .xpi ou se o pode facerl el directamente. Eu xa
> preguntarei a xente de mozilla, e tentarei conseguir que nos coloquen
> o paquete de idioma aquí:
> https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/language-tools/
>
> E atopar os produtos en galego é moi fácil, xa que por ahora somos un
> idioma oficial, e indo as páxinas, xa se deberían abrir no teu idioma
> se o tes por defecto no sistema. E senón cambiando no selector de
> idioma, e ahí, xa aparecen as descargas dos produtos en galego.
>
> Fai tempo, pedínlle a xente da rolda de galician.mozdev que dixera
> como quería colaborar, e salvo dúas-tres persoas que contestaron que
> podían facer algo moi concreto todo o mundo calou. E por agora non
> podo explicar como se fan x cousas porque malamente as vou facendo eu,
> e cando comezo a saber como vai o tema cambia de novo. O dito, fan
> falta voluntarios e que digan que pode aportar cada un, para que o
> coordinador poida distribuír o traballo, senón teno que facer el so.
> Como sabedes, aquí as cousas, cando son, son para xa. Non avisan con
> moito tempo de antelación, e os que estamos, estamos de hobby, no noso
> tempo libre, xa que a maior parte do día temos un traballo (e eu teño
> sorte que podo ir sacando horas do mesmo para facer cousas en
> mozilla).
>
> Todo o que digo, tamén o digo sen ningún tipo de acritude ehhh.
>
> Saúdos a todos.
>
> 2011/5/25 Frco. Javier Rial <dev.fjr...@gmail.com>:
> > Home, non é por nada (non é crítica, os paquetes de idioma para Mozilla
> non
> > son nin segundo plato, si tal, "postre", non interesan..), pero o paquete
> de
> > idioma de galego oficial na páxina de AMO non existe:
> > https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/language-tools/
> >
> > En http://galician.mozdev.org/ tampouco aparece ningunha ligazón
> >
> > Si que aparece nas roldas, e son ligazóns a ftps e tal.. e a xente
> "normal"
> > como que non sabe remexerse polas roldas/ftps...
> >
> > OLLO, que tampouco existe o language pack de castelán en AMO, pero aínda
> que
> > doia oilo, a xente "normal" de Windows soe ter primeiro o navegador en
> > castelán, porque o primeiro que fan e navegar co IE en castelán (idioma
> por
> > defecto do windows) e a partires desta situación tentan galeguizar o SO.
> > Para iso van descargargando paquetes de idioma galego.. que non dan
> atopado
> > na maioría dos casos.
> >
> > Que habería que mellorar??
> >
> > A publicidade destes recursos..crear máis artigos divulgativos en
> > blogs/páxinas tanto persoais como "corporativas" (e non correos en
> roldas;
> > síntoo, pero iso non é para os usuarios de a pé) de como instalar estas
> > cousiñas..
> >
> > P.D: Sen ningún tipo de acritude ehhh..
> >
> > Saúdos.
> >
> >
> > 2011/5/24 Antón Méixome <cert...@certima.net>
> >>
> >> Así que por unha banda temos que dar moitas gracias aos tradutores e
> >> desenvolvedores que fan posible que poidamos dispoñer de Firefox e
> >> Thunderbird con configuración bilingüe, e por outro lado temos que
> >> darlles un pequeno tirón de orellas por manter en segredo o lugar onde
> >> se gardan os paquetes de idioma.
> >>
> >>
> >>
> http://atigalicia.wordpress.com/2011/04/09/firefox-4-e-thunderbird-3-bilingues-galegoespanol/
> >>
> >> Pedir non ten cancelas, agora ofrecerse a axudar parece que costa
> >> _______________________________________________
> >> Proxecto mailing list
> >> Proxecto@trasno.net
> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> >
> >
> > --
> > --
> > Tu web totalmente gratis: http://www.000webhost.com/
> >
> >
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a