Boas.

@Bouzada

O tema vai por algo máis personalizado. Ter unha especie de instancia
de Drupal coa plantilla que se deseñe para Mozilla, e poder subir o
material de descarga e publicar novas. A min gustaríame ter varios
subdominios con páxinas personalizadas en plan firefox.trasno.org,
thunderbird.trasno.org, fennec.trasno.org, coa información relativa a
cada produto e a súa localización, coa descarga directa do mesmo en
galego. E despois ter unha central, mozilla.trasno.org na que por
novas, ter as .tmx e outra información relativa ao proxecto. Algo
similar ao que pode ter Antón en OpenOffice, que non sei se o ten en
Trasno. Eu quero un Drupal ao que poder tunear e esquecerme de
administralo, só ter acceso a personalización, publicar novas e crear
contido diverso.

Pero grazas polo do libro. Teño que mirar se meu usuario pode editar
no wiki, que creo que si, porque algo fixera ou estivera mirando para
editar en Trasno, de facer plantillas-modelos para páxinas da wiki.

Saúdos.

2011/5/25 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> @keko
> Creei un libro no web de trasno aquí: http://trasno.net/?q=node/21
> se e isto o que precisas avisame e xa fago o subdominio mozilla.trasno.net
>
> 2011/5/25 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>
>>
>> Ola a todos.
>>
>> Si, sempre se pode mellorar, pero hai que ir pouco a pouco.
>>
>> En Mozdev, pasan de todo, e seguen sen contestarme, eu vou optar por
>> montar un blogue en condicións noutro sitio. Xa o comentei e agora
>> falta que en Trasno nos crean unha conta de Drupal para mozilla, en
>> plan, mozilla.trasno.net e en galician.mozdev.org, pomos unha
>> redirección. Outra opción sería comprar un dominio en plan mozilla.gl
>> e que apunte ao novo lugar, pero non temos fondos.
>>
>> Con respecto ao dos complementos do idioma, eu non pode atender a
>> todo. Ultimamente hai moito traballo, tanto na miña vida laboral como
>> na persoal, e en Mozilla, están facendo moitos cambios co que non dou
>> seguido a roda, xa que agora co ciclo rápido de desenvolvemento, pois
>> case se triplicaron as ramas que atender.
>>
>> Damufo, creo que é a persoa que se encarga de empaquetar o
>> corrector.Preguntareille como se fai e a ver se son capaz de
>> empaquetar eu os .xpi ou se o pode facerl el directamente. Eu xa
>> preguntarei a xente de mozilla, e tentarei conseguir que nos coloquen
>> o paquete de idioma aquí:
>> https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/language-tools/
>>
>> E atopar os produtos en galego é moi fácil, xa que por ahora somos un
>> idioma oficial, e indo as páxinas, xa se deberían abrir no teu idioma
>> se o tes por defecto no sistema. E senón cambiando no selector de
>> idioma, e ahí, xa aparecen as descargas dos produtos en galego.
>>
>> Fai tempo, pedínlle a xente da rolda de galician.mozdev que dixera
>> como quería colaborar, e salvo dúas-tres persoas que contestaron que
>> podían facer algo moi concreto todo o mundo calou. E por agora non
>> podo explicar como se fan x cousas porque malamente as vou facendo eu,
>> e cando comezo a saber como vai o tema cambia de novo. O dito, fan
>> falta voluntarios e que digan que pode aportar cada un, para que o
>> coordinador poida distribuír o traballo, senón teno que facer el so.
>> Como sabedes, aquí as cousas, cando son, son para xa. Non avisan con
>> moito tempo de antelación, e os que estamos, estamos de hobby, no noso
>> tempo libre, xa que a maior parte do día temos un traballo (e eu teño
>> sorte que podo ir sacando horas do mesmo para facer cousas en
>> mozilla).
>>
>> Todo o que digo, tamén o digo sen ningún tipo de acritude ehhh.
>>
>> Saúdos a todos.
>>
>> 2011/5/25 Frco. Javier Rial <dev.fjr...@gmail.com>:
>> > Home, non é por nada (non é crítica, os paquetes de idioma para Mozilla
>> > non
>> > son nin segundo plato, si tal, "postre", non interesan..), pero o
>> > paquete de
>> > idioma de galego oficial na páxina de AMO non existe:
>> > https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/language-tools/
>> >
>> > En http://galician.mozdev.org/ tampouco aparece ningunha ligazón
>> >
>> > Si que aparece nas roldas, e son ligazóns a ftps e tal.. e a xente
>> > "normal"
>> > como que non sabe remexerse polas roldas/ftps...
>> >
>> > OLLO, que tampouco existe o language pack de castelán en AMO, pero aínda
>> > que
>> > doia oilo, a xente "normal" de Windows soe ter primeiro o navegador en
>> > castelán, porque o primeiro que fan e navegar co IE en castelán (idioma
>> > por
>> > defecto do windows) e a partires desta situación tentan galeguizar o SO.
>> > Para iso van descargargando paquetes de idioma galego.. que non dan
>> > atopado
>> > na maioría dos casos.
>> >
>> > Que habería que mellorar??
>> >
>> > A publicidade destes recursos..crear máis artigos divulgativos en
>> > blogs/páxinas tanto persoais como "corporativas" (e non correos en
>> > roldas;
>> > síntoo, pero iso non é para os usuarios de a pé) de como instalar estas
>> > cousiñas..
>> >
>> > P.D: Sen ningún tipo de acritude ehhh..
>> >
>> > Saúdos.
>> >
>> >
>> > 2011/5/24 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>> >>
>> >> Así que por unha banda temos que dar moitas gracias aos tradutores e
>> >> desenvolvedores que fan posible que poidamos dispoñer de Firefox e
>> >> Thunderbird con configuración bilingüe, e por outro lado temos que
>> >> darlles un pequeno tirón de orellas por manter en segredo o lugar onde
>> >> se gardan os paquetes de idioma.
>> >>
>> >>
>> >>
>> >> http://atigalicia.wordpress.com/2011/04/09/firefox-4-e-thunderbird-3-bilingues-galegoespanol/
>> >>
>> >> Pedir non ten cancelas, agora ofrecerse a axudar parece que costa
>> >> _______________________________________________
>> >> Proxecto mailing list
>> >> Proxecto@trasno.net
>> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> >
>> >
>> > --
>> > --
>> > Tu web totalmente gratis: http://www.000webhost.com/
>> >
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> >
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
> --
>  /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
> _\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a