Ola,
teño case rematado o glosario cos acordos en formato TBX, pero sen
xustificacións, nin definicións nin traducións prohibidas, o que me
levará algunhas semanas máis poñerlle. Necesitaría que se aclararan as
dúbidas sobre estes puntos que vin nas notas de Xosé antes de
enviarvos o TBX con todos os acordos e que vos poñades a traballar:

* «file = «enviar» quedou fixado?
* «bug report» = «informe de erro» chegouse a fixar?
* «file package» = «paquete de ficheiros» era un discusión para fixar
ou era unha destas discusión derivadas?
* «daemon»  chegouse a decidir algo?
* «initialize» = «inicializar» falouse e chegouse a fixar?
* «initialization» = «inicialización» falouse e chegouse a fixar?
* «retry» chegouse a decidir algo?
* «support» = «incluír» de onde sae isto?

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a