2011/5/30 damufo <dam...@gmail.com>:
> Boas:
> Grazas a todos os asistentes.
> Mágoa non poder ir. Permitídeme uns comentarios (entre liñas).
>
> En 2011/05/30 00:30, Xosé escribiu:
>>
>> Esta reunión de Ourense caracterizouse por unhas gañas apremiantes de
>> refrendar termos que por momentos parecían ansias galopantes. Leandro quedou
>> co árduo labor de elaborar todos os acordos e presentalos. Ademais del,
>> quero resaltar que ninguén máis (nen sequer eu) preparamos ben a lista de
>> termos para discutir que el presentara con días de antelación. No futuro
>> faríamos mellor se a levásemos preparada.
>> Presento aquí as notas que fun tomando para que lle servan de axuda. Hai
>> algúns baleiros que espero que axudedes a completar. Utilicei o texto da
>> proposta de discusión de Leandro e, para cada termo, anotei a solución
>> adoptada e os razoamentos. As non tratadas, así como as tratadas despois das
>> 20.00, aparecen no fondo.
>> Xosé
>>
>> Discusión de terminoloxía
>> Cuestións de estilo a debater ao comezo
>>
>> *****Terminación en -bel/-ble
>> + Decisión: Prefírese -bel/-beis.
>> + Razóns: As dúas son aceptadas pola RAG aínda que esta utilice só a
>> segunda. -bel/-beis foi a forma escollida no seu momento por Mancomun e
>> adaptada por trasno. Socialmente está aceptada e transmite unha idea de
>> lingua culta. Establécese hoxe como recomendada.
>> + Decisión por unanimidade
>>
>> *****dende/desde
>> + Decisión: Só "desde"; "dende" é incorrecto
>> + Razóns: "dende" é dialectal e "desde" é a forma padrón.
>> + Decisión por unanimidade
>>
>> *****Nomes das teclas, en maiúsculas ou só a primeira letra: «TAB»/«Tab»?
>> + Decisión: 1) Prefírese maiúscula inicial, sen punto. 2) Hai que elaborar
>> unha listaxe de nomes de teclas e solicitar que a RAG ditamine cales son os
>> apropiados.
>> + Razóns: Convense en que os nomes das teclas funcionan como símbolos: non
>> son nomes e non son abreviaturas (neste caso deberían levar punto ao final).
>> Hai dúbidas.
>> + Decisión por ?
>>
>> *****Remove, delete, erase, clean
>> + Decisión: Tratar na próxima trasnada a proposta seguinte:
>>  Remove: Retirar
>>  Delete: Eliminar
>>  Erase: Borrar
>>  Clean: Limpar
>
> Vaites! o de Delete->Eliminar (sorpréndeme)

Non sei por que, é unha tradución bastante común durante os últimos anos.

>> ***** firewall: devasa
>> + Decisión: "firewall" tradúcese como "devasa"
>>  "cortalumes" é un castelanismo; "firewall" é un anglicismo que hai que
>> explicar (polo tanto, ineficaz).
>> + Razóns: Os "firewall" realizan funcións que se describen con esta
>> metáfora; en galego, ao termo "firewall" correspóndelle "devasa", que
>> carece, obviamente, desta acepción, pero que a asume facilmente. O termo é
>> moi descoñecido pero isto non obstaculiza o seu uso.
>>
>> *****password, passphrase
>> + Decisión: "password" tradúcese como "contrasinal" (substantivo
>> masculino); passphrase: frase de paso
>> + Razóns: En inglés existen dous conceptos, sinalados con estas dúas
>> palabras; a segunda é un neoloxismo formado a partir do primeiro que indica
>> a posibilidade de incluír espazos nesa cadea de texto e que pode ser máis
>> longa que a primeira. "Contrasinal" é o termo empregado tradicionalmente na
>> tradución de "password"; "frase de paso", aínda que non mantén a relación
>> morfolóxica, transmite perfectamente a diferenza entre os dous conceptos.
>>
>> *****keyword
>> + Decisión:
>>  keyword: "palabra clave" no contexto de buscas. Unha "keyword" é unha
>> palabra que é relevante nun contexto.
>>  keyword: "palabra chave" para accesos. Unha "keyword" é como un
>> "contrasinal".
>> + Razóns: (dadas na decisión). Nota: non se considerou a posibilidade da
>> tradución de "keyword" como contrasinal. Conveuse en que un contrasinal, ou
>> unha clave remiten a un segredo, mentres que "chave" se refire a algo
>> físico, como un ficheiro.
>>
>>
>> *****update/upgrade/downgrade (verbo e substantivo)
>> + Decisión:
>>  update: actualizar, actualización
>>  upgrade: anovar, anovación
>>  downgrade: reverter, reversión
>> + Razóns: Non existen conflitos nestes usos. Si existen outras
>> posibilidades para "downgrade", como "retroceder".
>>
>> *****rollback
>> + Decisión: rollback: regresión, regresar
>> + Razóns: é un termo distinto dos utilizados para update/upgrade/downgrade
>> que pode transmitir a idea dun proceso incompleto do que se volve.
>>
>> *****commit
>> + Decisión: commit: remitir, remisión
>> + Razóns: correspondencia perfecta entre os termos
>>
>> *****encrypt/encryption/decrypt/decryption
>> + Decisión:
>>  encrypt: cifrar
>>  encryption: cifrado
>>  decrypt: descifrar
>>  decryption: descifrado
>> + Razóns: Fundamentalmente, hai que acabar coa tradución por "encriptar",
>> que, literalmente, significa "meter nunha cripta".
>>
>> *****username/user name/login name/login/log in/log off/logon/log
>> on/logout/log out/sign in/sign off/sign on/sign out/sign up/register/create
>> account
>> + Decisión:
>>  Concepto "crear unha conta que permita un acceso con determinados
>> privilexios" (sign up, register): crear unha conta
>>  Concepto "Acceder coas credenciais obtidas con anterioridade" (sign
>> in/on, log in/on e recíprocos): Acordalo nunha reunión posterior, barallando
>> tal vez: acceder, entrar/saír
>> + Razóns: 1) está claro; para 2) había diversas opcións, como as
>> mencionadas, e distintos contextos nos que hai que probar se se pode
>> "entrar", etc.
>>
>> *****username/user name/login name/login:
>> + Decisión: username: nome de usuario
>> + Razóns: Hai que unificar todos estes termos que teñen unha razón
>> histórica no inglés pero non para nós. Hai que ter en conta no futuro a
>> diferenza entre nome de usuario, como "xosecalvo" (que é unha secuencia de
>> caracteres que utilizo en diversos lugares) e outro nome, para que o que
>> aínda non decidimos nada, como "Xosé" (que é como me chama todo o mundo) ou
>> "Francisco José" (que é o que pon na miña partida de nacemento), ambos os
>> dous que podo utilizar para me identificar en determinados servizos.
>>
>> *****applet
>> + Decisión: applet: miniaplicativo
>> + Razóns: application: aplicativo; applet: miniaplicativo. Non se
>> consideraron alternativas porque a utilización de "mini-" aquí é produtiva e
>> porque se considera necesario traducir "applet" e non o deixar en inglés.
>>
>> *****widget, gadget, desklet, docklet
>> + Decisión: widget, gadget, desklet, docklet: trebello
>> + Razóns: "trebello" é un termo utilizado nas webs en galego para
>> describir esta funcionalidade. Todas estas variantes, e outras que, seguro,
>> aparecerán no futuro, son diferenciacións máis ben de entorno de traballo
>> que de funcionalidade real. Un caso especial é "plasmoid: plasmoide" porque
>> fai referencia a unha tecnoloxía específica, Plasma. Deberíase entender que
>> a descrición dun "plasmoide" indicaría que se trata dun "trebello".
>>
>> *****clipboard
>> + Decisión: clipboard: portapapeis
>> + Razóns: Un "clipboard" fai referencia a un obxecto que, como en español,
>> chámase "portapapeis". "Portarretallos" é un lusismo porque "retallo"
>> significa (ponde aqui o que sexa, o digalego non funciona agora mesmo).
>>
>> *****gradient
>> + Decisión:
>>  En contextos claramente matemáticos: gradient: a gradiente (feminimo)
>>  En contextos de cores: gradación
>> + Razóns: unha gradiente, en matemáticas, é un valor que reflicte o cambio
>> nun campo vectorial. Ao falarmos de imaxes, que é o máis frecuente
>> (programas de deseño ou de retoque fotográfico) referímonos a unha
>> "gradación" ou conversión paulatina dunha cor noutra cor. "degradado" e
>> "degradación" describen unha perda de cualidades. "degradado" é tamén unha
>> técnica utilizada na creación artística para rebaixa o valor dun atributo.
>>
>> *****highlight
>> + Decisión: hightlight: realzar, realce
>> + Razóns:
>>
>> *****file/archive
>> + Decisión:
>>  file: ficheiro
>>  archive: arquivo, arquivar
>>  file (verbo), como en "file a report": enviar un informe de erro;
>> informar dun erro -- por decidir
>> + Razóns: A diferenza entre un ficheiro normal (file) e un comprimido
>> (archive), polo menos aos ollos dun usuario, é clara.
>
> Vale pero... entendo que un .odt sería un ficheiro. A pesar de ser un
> ficheiro comprimido.
> E un .mkv?
> Eu distinguiría máis ben polo feito de que o ficheiro ten un uso directo
> mentres que o arquivo precisa de procesado (descompresión) previa. E isto
> tamén teríao seu aquel...

Para aclararnos. O que se falou é que todos son ficheiros. Se ademais
é un ficheiro empaquetado, por exemplo co programa tar, tamén sería un
arquivo. Se collemos un ficheiro txt e o comprimimos con gzip seguiria
sendo un ficheiro (o comprimido, quero dicir) e non un arquivo. Aquí
temos o problema de que programas como zip ademais de comprimir tamén
empaquetan, polo que eses ficheiros serían arquivos tamén.

A cousa é complicada, pero creo que todos concordamos que aínda que un
odt sexa un ficheiro comprimido con zip, é dicir, un arquivo, en
realidade chamámoslle ficheiro porque para o usuario normal non é
evidente que sexa un zip.

>> *****bug report
>> + Decisión: provisorialmente: bug report: informe de erro -- para o
>> futuro, ver se é erro ou fallo ou falla
>> + Razóns: Existen dúbidas sobre se "fallo" é realmente galego
>>
>> *****file package
>> + Decisión: file package: paquete de ficheiros
>> +`Razóns: tradución normal (non é "ficheiro de paquetes").
>>
>> *****About
>> + Decisión: about: Sobre (tamén, como opción estilística, "verbo de")
>> + Razóns: "acerca de" é un castelanismo.
>>
>> *****environment
>> + Decisión: environment: entorno
>> + Razóns: "ambiente", nas acepcións de "ambiente de traballo" ou "bon
>> ambiente" é un castelanismo e nas súas acepcións pre-informáticas non inclúe
>> unha interface e uns procedementos asociados (nótese a miña oposición a este
>> reducionismo). "contorno" describe só o espazo que arrodea ao lugar no que
>> se fala e "contorna" o que arrodea o "contorno". Mmmm.
>
> O caso é que entorno se non me erro, non é un termo aceptado, nin aparece no
> volga.

Que non apareza no VOLGA non quere dicir que non sexa un termo
aceptado. O VOLGA está bastante limitado, e ademais é unha lista de
palabras sen definicións, polo que a limitación aínda é máis grande. A
veces hai que utilizar outras fontes para intentar xustificar as
escollas. Dito isto eu non teño a capacidade para xustificar a escolla
de «entorno» como fixo Méixome, así que a ver se el pode responder a
isto e de paso facilitarme o labor de redactar a xustificación.

>> *****height/width/length
>> + Decisión: adiar a decisión para unha próxima reunión
>> + Razóns: a multiplicidade de traducións posíbeis e válidas:
>>  height: alto, altura
>>  width: largo, largura, ancho, anchura; fondo
>>  lenght: longo
>>
>> *****empty
>> + Decisión: empty: baleiro, baleirar
>> + Razóns: prefírese esta tradución a "vaciar". Hai que evitar o erro de
>> escribilos con "v
>>
>> *****history
>> + Decisión: history: historial
>> + Razóns:
>>
>> *****library
>> +`Decisión: library: biblioteca
>> + Razóns: unha "biblioteca" é o lugar ao que se vai consultar algo;
>> "libraría" é, tamén neste caso, un falso amigo.
>>
>> *****bookmark
>> + Decisión: bookmark: marcador, marcar
>> + Razóns: É tamén o que se utilizar para os libros e o utilizado
>> tradicionalmente para este concepto.
>>
>> *****buffer
>> + Decisión: buffer: búfer (substantivo), gardar no búfer (verbo)
>> + Razóns:
>>
>>
>> *****change
>> + Decisión: cambiar, cambio
>> + Razóns: Hai que uniformizar, polo que se escolle esta e non trocar,
>> mudar ou modificar, que poderían ser válidas.
>
> Esta escolla non a comprendo.

Había que escoller unha porque hai demasiadas opcións, como era o caso
de «window». Decidiuse esta por ser totalmente válida e a máis
aceptada.

>> *****edit
>> + Decisión: edit: editar, edición
>> + Razóns: É unha tradución estendida desde hai tempo; hai que promover a
>> extensión semántica deste termo para que inclúa a modificación dun ficheiro.
>
> Vaites!
> Falta contexto pero asumo que estamos a falar de modificar e non publicar.
> Ultimamente ando coa tradución do Joomla! e curionsamente (ou non tanto) o
> frances emprega modificar para edit. Non entendo o por que de empregar un
> falso amigo cando isto é moi claro:
> publish: publicar
> edit: modificar
>
> A proposta para min é confusa sobre todo en determinados contornos, como o
> das web nas que se publican artigos.
> Editar o artigo, coa actual proposta é ambiguo xa que pode ser: modificalo
> ou publicalo (facelo visible)
>
> Para min dita proposta está coxa xa que de persistir nela, faría falta
> completala:
> Na miña opinión
> Edit (de modificar): editar
> Edit (de publicar): publicar
> Publish: publicar
>
> Con dita proposta (a de arriba) o que vexo é que edit pasaría a empregarse
> só na súa acepción de falso amigo (para min non é lóxico).
>
> Vexo máis lóxico:
> Edit (de modificar): modificar
> Edit (de publicar): publicar (ou editar)
> Publish: publicar
>
> Finalmente hai que ter en conta que traducir edit (na acepción de modificar)
> por modificar non tería problema algún xa que é un termo sobradamente
> coñecido e sobre todo <<claro>>.

Xa sabía eu que ía haber problemas con isto. Discutídeo entre vós que
xa bastante traballo teño para xuntar todos os acordos.

>> *****close
>> + Decisión: close: pechar
>> + Razóns: Prefírese pechar a cerrar e a fechar; este último termo inclúe o
>> matiz de "pechar con chave".
>>
>> ****develop
>> + Decisión:
>>  develop: desenvolver
>>  developer: desenvolvedor
>>  development: desenvolvemento
>> + Razóns:
>>
>> *****daemon
>> + Decisión: decidirase noutra reunión.
>> + Razón: daemon é un acrónimo; o seu significado é "servizo".
>>
>> *****provide
>> + Decisión:
>>  provide: fornecer
>>  provider: fornecedor
>> + Razóns: É a tradución acaída.
>>
>> *****replace
>> + Decisión: replace: substituír; substitución
>> + Razóns: É a tradución acaída. Para outra reunión hai que confirmar se
>> existen casos que obriguen a incluír "substituto".
>>
>> *****application
>> + Decisión: application: aplicativo
>> + Razóns:
>>
>>
>> *****disable/enable
>> + Decisión: disable/enable: activar/desactivar
>> + Razóns:
>>
>> *****font
>> + Decisión: font: tipo de letra / letra (segundo o contexto, preferir a
>> forma abreviada)
>> + Razóns:
>>
>> *****redo, undo
>> + Decisión:
>>  redo: refacer
>>  undo: desfacer
>> + Razóns: É o uso habitual. Non teñen aparecido alternativas.
>>
>> *****driver
>> + Decisión: controlador
>> + Razóns:
>>
>> *****icon
>> + Decisión: a icona
>> + Razóns:
>>
>> *****item
>> + Decisión: item: elemento
>> + Razóns:
>>
>> *****initilize
>> + Decisión:initilize: inicializar, initialization: inicialización
>> + Razóns: cómpre distinguir entre iniciar un aplicativo e darlle a este os
>> seus valore iniciais, que é o que indican estes termos.
>>
>> *****launch, launcher
>> + Decisión: iniciar, iniciador
>> + Razóns: "lanzar", o falso amigo, é outra cousa.
>>
>> *****retry
>> + Decisión: retry: tentar de novo
>> + Razóns: Reintentar tamén sería válido
>>
>> ***** landscape/portrait
>> + Decisión:
>>  fotografía: paisaxe/retrato
>>  tipografía: natural/apaisado
>>  neutro: vertical/horizontal
>> + Razóns: Usos específicos desta terminoloxía
>>
>> *****rename
>> + Decisión: rename: renomear
>> + Razóns: Tradución inmediata; "mudar o nome" é longo de máis
>>
>> *****audio
>> + Decisión: audio, sound: son
>> + Razóns:
>>
>> *****support
>> + Decisión:
>>  support (vb): ser compatíbel con, admitir, permitir utilizar, incluír
>>  support (n): asistencia técnica (prestar)
>> + Razóns: o falso amigo "soportar" non admite os sentidos orixinais.
>> Habitualmente hai que recorrer a reelaborar o texto cunha estrutura distinta
>> baseándose nas expresións suxeridas. No caso do substantivo, a solución
>> tradicional é "asistencia técnica".
>>
>> *****check
>> + Decisión: check: comprobar (verificar é comprobar se algo é verdadeiro
>> ou falso), revisar (se algo está ben), corrixir, marcar (unha opción)
>> + Razóns:
>>
>> checkbox: caixa de selección? -- hai que estudar as distintas
>> posibilidades existentes nas GUI
>> checksum: suma de comprobación, non "suma de verificación"
>>
>> Deron as 8 e eu funme *********************************************
>> O que segue é a lista que tíñamos para discutir e que non se tratou.
>>
>>    path (trust path/debuxo vectorial/ruta)
>>    chat (verbo e substantivo)
>>    download/upload (verbo e substantivo)
>>    «host»/«computer»/«hostname»
>>    case sensitive
>>    match case
>>    match (verbo/substantivo)
>>    port/backport (verbo/substantivo: portaxe e porto) (adaptar?, migrar?)
>>    enter (tecla)
>>    Nomes de teclas (shift, insert, end, arrow key, ...)
>>
>> Todos estes termos e máis están en:
>> https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?hl=en&authkey=CPG9uaIG
>> <https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?hl=en&authkey=CPG9uaIG>
>> Lista de termos sinxelos
>>
>> Máis en Glosario de termos frecuentes de Trasno -> lista simplificada en
>> https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?hl=en&authkey=CPG9uaIG
>> <https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?hl=en&authkey=CPG9uaIG>
>>
>>
>>    pause (verbo/substantivo)
>>    underline (verbo/substantivo)
>>    blog (substantivo)
>>    blog/post (verbo)
>>    post (substantivo)
>>    hide/show/print
>>    launcher
>>    paste
>>    set/reset (verbo/substantivo)
>>    view (verbo/substantivo)
>>    viewer
>>    skip
>>    resize (verbo/substantivo)
>>    scale (verbo/substantivo)
>>    release (verbo/substantivo)
>>    rotate
>>    query (verbo/substantivo)
>>
>>
>>    Pechar discusión «complemento» e «engadido» (mirar no gdoc)
>>
>> Frases feitas
>>
>> (ficheiro aa_frases_e_estruturas_repetitivas.txt)
>>
>>    Exporting the certificate failed.
>>    Failed to delete the file.
>>    Cannot modify the file.
>>    Couldn't open %s.
>>    "Could not display help document '%s'"
>>    DVD successfully copied
>>    Source file updated successfully.
>>    Are you sure you want to download the file?
>>
>>    «Ten a certeza»
>>    «Está seguro de que»
>>
>>    Error compiling translation file.
>>    An error occurred while running
>>    "There was an error loading moon image: %s"
>>    Resource cannot be locked
>>    Lock removed.
>>
>>    «Bloqueo eliminado»
>>    «Eliminouse o bloqueo»
>>
>>    Sorry, but you need to send a POST request.
>>
>>
>>
>>    backend/frontend
>>
>>    online/offline (verbo/substantivo)
>>
>>
>>    Accións sobre as xanelas (maximize, unmaximize, minimize, shade, roll
>> up, ...)
>>    Nomes dos menús (file, edit, view, help, tools, window, options,
>> preferences, ...)    attach/attachment (no significado de conectar
>> periféricos, p.ex.)
>>    detach(enchufar cables, desprender widgets de dock, ¿desasociar unha
>> cousa de outra?)
>>    tab(tablature) (para rematar con «tab»)
>>    abort/cancel
>>   removable device
>>    request (verbo/substantivo)
>>    occurrence/occurence
>>    bold
>>    preview (verbo/substantivo):
>> Lista de termos a discutir
>
> Grazas!!
>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a