Creo que cómpre lembrar que nalgúns casos non falamos de termos, senón
de preferencias e escollas para procurar un estilo de galego
informático máis transversal.

Pola miña parte, concordo con Xosé en que temos que levar máis
debullados os casos a debate. As présas, creo eu, foron de vermos a
inxente cantidade de entradas "básicas" que aínda non pasaron polo
proceso de elección. Iso agobia.

Probablemente, as trasnadas deben ser para refrendar/mellorar
solucións probadas ou usadas ou nas que haxa dúbidas sobre o consenso.
Para iso temos todos os días e as ferramentas (lista e glósima). O
tempo que temos para vernos é demasiado precioso como para discutirmos
pausadamente. Case case, só deberiamos presentar os casos xa
discutidos, declarar os argumentos e votar. Desa maneira, mesmo a
participación activa remota nos acordos sería posible.

Vou preparar a descrición dos seguintes casos ao meu xeito, e algunhas
outras precisións para axudar a Leandro (a quen non lle envexo o choio
que fai). Creo que xa quedou claro antes o que si que se acordou e o
que non.

- environnement
- height/width/length
- initialize
- support
- change
- check
- edit
--------------
- desde
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a