2011/5/30 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Creo que cómpre lembrar que nalgúns casos non falamos de termos, senón
> de preferencias e escollas para procurar un estilo de galego
> informático máis transversal.
>
> Pola miña parte, concordo con Xosé en que temos que levar máis
> debullados os casos a debate. As présas, creo eu, foron de vermos a
> inxente cantidade de entradas "básicas" que aínda non pasaron polo
> proceso de elección. Iso agobia.
>
> Probablemente, as trasnadas deben ser para refrendar/mellorar
> solucións probadas ou usadas ou nas que haxa dúbidas sobre o consenso.
> Para iso temos todos os días e as ferramentas (lista e glósima). O
> tempo que temos para vernos é demasiado precioso como para discutirmos
> pausadamente. Case case, só deberiamos presentar os casos xa
> discutidos, declarar os argumentos e votar. Desa maneira, mesmo a
> participación activa remota nos acordos sería posible.
>
> Vou preparar a descrición dos seguintes casos ao meu xeito, e algunhas
> outras precisións para axudar a Leandro (a quen non lle envexo o choio
> que fai). Creo que xa quedou claro antes o que si que se acordou e o
> que non.
>
> - environnement
> - height/width/length
> - initialize
> - support
> - change
> - check
> - edit
> --------------
> - desde

Debo entender logo que ao final se acordou algo sobre estas discusións?:

- height/width/length
- initialize/initialization

E se alguén máis puidera confirmar algo sobre o seguinte,
agradeceriao, porque non quero andar facendo e desfacendo:

* «bug report» = «informe de erro» chegouse a fixar?
* «file package» = «paquete de ficheiros» chegouse a fixar?
* «daemon»  chegouse a decidir algo?
* «retry» chegouse a decidir algo?

Ao final vou supoñer que:

* «support» = «incluír»

é un caso moi particular que se é necesario se pode poñer no futuro.

Mentres vou ir metendo definicións para algunhas das entradas acordadas.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a