Envío o comentario sobre algunhas

============================================================================0
- check
propostas:
(vbo)verificar, comprobar, confirmar, revisar, corrixir

Actualmente a tradución máis habitual é verificar, pero o sentido galego de
verificar é a indicación de se algo "é/non é verdade". Probablemente se
trate dunha extensión abusiva a partir de "caixa de verificación, caixa de
comprobación", que consiste nunha marca de activar/desactivar unha opción. A
partir de aí estendeuse a todo o que supoña a elección e ás accións
relativas á confirmar o estado dunha opción. É un anglicismo con potencial
expansivo como se pode comprobar en español americano co uso de "checar".
Neste sentido máis xeral, a palabra non marcada sería "comprobar"

Outro uso diferente é o relativo aos motores de gramaticais e ortográficos.
Nese contexto, verificar é claramente un anglicismo innecesario xa que en
galego común indícase como "corrixir". Non hai diferenza entre o
spell/grammar check, que serán denominados corrección
ortográfica/gramatical.

Para evitar os usos abusivos e o anglicismo

acórdase:

- > comprobar (cando se trate de facer unha acción): comprobar se o ficheiro
está en uso
- > revisar (cando se trate dunha configuración, opción): revisar se as
maiúsculas están activadas
- > corrixir (cando se trate de executar unha función): corrixir a
ortografía dun texto

- > verificar > conforme os usos xerais

DRAG
v.t. 1. Face-las probas precisas para ver se [unha cousa] é verdadeira, ou
se é cómo debe de ser. A policía verificou a declaración da testemuña. CF.
confirmar.Hai que verifica-la calidade do ouro. SIN. contrastar.Verificar un
peso. SIN. comprobar. 2. Examinar [algo] para comprobar que está en perfecto
estado e que funciona. Verifica-los freos do coche. Verificar un motor. 3.
Demostrar por medio de argumentos e probas que [unha cousa] é verdade. Esta
proba verifica que o acusado estaba no lugar do crime. SIN. confirmar. //
v.p. 4. Ser [unha cousa] ou ocorrer tal como se predixera. As prediccións do
tempo verificáronse. SIN. cumprirse.

relacionadas:
- (checkbox) caixa de verificación > caixa de selección (está tradución non
foi confirmada na Trasnada, podería optarse tamén por caixa de control ou
caixa de opción)
- suma de verificación > suma de comprobación (está tradución si foi
confirmada na Trasnada)
- (make sure) verifique > asegúrese de
- (checking) > comprobación, pero con casos especiais como checking sequence
> control de secuencia, ou paritiy check > control de paridade, xa que aquí
o valor conceptual é diferente en inglés.

=================================================================

- environment

Computing  an operating system, program, or integrated suite of programs
that provides all the facilities necessary for a particular application: a
word-processing environment

propostas:
(nome) contorno, entorno, contorna, ambiente

Nota prescindible:
É o caso máis complexo que nos podemos atopar pero para a tradución
informática necesitamos precisión e coherencia e que as propostas neolóxicas
sexan directas e non choquen cos usos xerais. Desde un punto de vista
estritamente filolóxico, "ambiente" ou "medio" terían sido as solucións
ideais, adaptando a metáfora ao eido informático, pero encontrámonos con que
esa palabra xa en inglés presenta múltiples acepcións, e algunhas delas
teñen equivalentes con outras palabras xa existentes en galego, que tamén
teñen a súa historia e múltiples acepcións. E ademais xa se produciu unha
complexa especialización. Temos un problema terminolóxico, non filolóxico.

+ environment, medio ... >>>
+ environmental, ambiental ... >>>
+ environmentalism, ecoloxismo ... >>>
+ environmentalist, ecoloxista ... >>>

Por outro lado o valor xeral que intenta transmitir non é exclusivo da
ciencia informática e xa se asentou hai tempo na lingua no campo das
ciencias naturais e sociais. O que antes era campo agora é medio natural ou
ecosistema, ou o que era o tempo agora tamén é o ambiente. Produciuse pois
unha readaptación dunha longa serie de palabras, a través de múltipes
matices que hoxe están moi cargadas de connotacións que non podemos
esquecer: ámbito e ambiente, veciñanza e medio, etc.

Resultaría moi chocante, confuso, para os falantes falarmos do ambiente dun
aplicativo (hai que estar de bo humor para manexalo?) e se falamos de
configurar o ambiente do escritorio pensariamos antes en decoración de
interiores que en instalar a plataforma java. Por esa razón, os tradutores
informáticos, buscaron desde sempre en galego unha alternativa e optaron
basicamente por dúas solucións: entorno e contorno.

Se "o que nos rodea" é o contorno, porque *entorno é castelanismo, entón
contorno deberia funcionarnos ben. A cuestión que debatemos é que contorno
presenta problemas porque ten acepcións confusas. Se contrastamos as
definicións da RAG (máis abaixo), vemos que non nos queda ningunha saída
produtiva e a ningún se nos escapa que usar "contorno" no sentido que
buscamos resulta forzado porque choca co valor que a propia RAG nos dá nos
dicionarios oficiais. En resumo, ambiente xa se nos escapou e contorno
significa segundo a RAG outra cousa. Estamos orfos.


Exemplo: se nos atopamos unha mensaxe que nos di
contorno incorrecto, modificouse o contorno  (a que se refire ? borde?
contorno? medio?... pois é «wrong environment»)

Contorna é unha palabra que ten un uso totalmente diferente (=comarca).
Contorno colisiona aparentemente con bordo; ambiente en galego é
principalmente adxectivo, non substantivo. Como substantivo, ambiente,
resulta abusivo estender o seu valor en galego á interface de usuario por
estar moi apegado ao medio físico. Esta é a razón pola que entorno e
ambiente seguiron camiños diferentes. É evidente que o galego utiliza hoxe
entorno por influencia do castelán en multitude de ámbitos, con referencia
ao medio físico, como palabra máis xeral, mentres que ambiente como medio
anímico, sentimental.

Entorno presenta a particularidade de non estar recollido nin no VOLG nin no
DRAG. Esta é a explicación de por que se lle engadiu o valor de
environnement a contorno. Chama moito a atención que se contorno é
perímetro, poida ser "sinónimo" de contorna, arredores ou ambiente. Ese é o
valor de "entorno" que a RAG omite, seguramente por consideralo
castelanismo.

Isto tamén crea problemas de precisión importantes nas interfaces xa que o
contorno considérase continuo (idealmente unha liña) arredor dun obxecto
xeométrico, un único elemento, mentres que un bordo é un elemento de cada un
dos cantos dunha figura. Así un cadrado ten un cortorno e catro bordos. O
que xa non se pode asumir é que ademais o escritorio ou a plataforma na que
se executa un aplicativo sexa tamén un contorno. Ademais en inglés adóitase
distinguir totalmente entre outline, environment e border.

De feito vemos que tanto no Corpus Técnico do Galego (CTAG) onde se
documenta o seu uso no sentido de "medio que rodea", no Tesouro
Informatizado da Lingua Galega (TILG) coma no corpus CLUVI de inglés-galego
informático (todo KDE) está máis ca documentado.

En portugués entorno é unha palabra normal co significado de "arredor, en
torno de". En galego temos entornar (en+tornar). En catalán e castelán,
entorno é a palabra de aplicación neste concepto. Mentres que en portgués e
italiano sono "ambiente".

Trátase pois, se fose un castelanismo, da necesidade dun préstamo técnico xa
asentado. Se o consideramos un neoloxismo, creado a partir de "en torno de"
(e non de *en torno a), para dar conta do que sería "o medio, a interface, o
envoltorio, que rodea, na que o usuario ou o aplicativo funcionan". En
resumo, trátase de propoñer á RAG que admita esta palabra, de creación
recente para nós, que teñen as linguas románicas da nosa contorna. O
tradutores vímola empregando empregando neste campo desde hai décadas.


relacionadas:
- contour > contorno
- outline > contorno
- border > bordo
- edge > bordo


DRAG
contorno
s.m. 1. Límite exterior dun corpo ou dun obxecto, e liña que describe ese
límite. O contorno dunha mesa. SIN. perímetro. CF. periferia. Os contornos
da cara. SIN. perfil, silueta. 2. Zona ou territorio máis ou menos
delimitado arredor dun lugar considerado como o núcleo. Non hai mentireiro
coma el en todo o contorno. SIN. contorna, redonda, volta.

bordo
s.m. Parte que limita unha superficie ou en que remata un obxecto. Estaba
sentado no bordo da estrada. SIN. beira, marxe. CF. canto4.

contorna
s.f. Zona ou territorio máis ou menos delimitado arredor dun lugar
considerado como o núcleo. Non había casa máis rica en toda a contorna. SIN.
contorno, redonda, volta.

ambiente
adx. 1. Que rodea un corpo ou constitúe o medio onde se está. A temperatura
ambiente. // s.m. 2. Aire que nos rodea. O ambiente das cidades está cada
día máis contaminado. SIN. atmosfera. 3. Conxunto de condicións en que se
desenvolve calquera tipo de vida. Ambiente acuático. A protección do
ambiente. SIN. medio. 4. fig. Conxunto de condicións ou circunstancias de
tipo económico, social, cultural, etc., no ámbito das cales vive unha
persoa. Criouse nun ambiente de pobreza. SIN. atmosfera, medio. 5. fam.
Característica do lugar en que hai animación, alegría, bo humor, etc. Os
sábados hai moito ambiente polas rúas.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a