2011/9/10 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> Ola a todos,
>
> para os que estades probando a nova versión de gtranslator en Ubuntu
> Oneiric ou a última versión de Fedora, o gtranslator baseado en GTK3.
> Seguro que tinhades o problema de que non funcionaba a verificación
> ortográfica en ningún idioma.
>
> Polo que logo de investigar uns minutinhos fixen un parche que soluciona
> o erro e xa foi remitido tanto a Ubuntu como a GNOME (nacho) para que
> sexa incluído.
>
> Como a saída de GNOME e Ubuntu é inminente non creo que chegue a tempo
> polo que nos vindeiros días farei un paquete para Ubuntu Oneiric que
> solucione o erro e evite que as persoas non técnicas tenhan acceso á
> última versión de Gtranslator (por certo moi mellora en interface).
>
> Máis cousas en gtranslator:
> Agora admite python como linguaxe de programación para os engadidos co
> que se fai moito máis doado para a aqueles que non queremos voltar a
> aprender C de novo.
> A minha idea é crear un engadido para cargar glosarios, ao estilo de OmegaT.
> Se tedes algunha idea para engadidos por favor comentade por esta rolda.

Non sei como está o OmegaT agora mesmo, pero a última vez que
investiguei o tema, a pesar de que funcionaba non mostraba a
información correctamente no caso de que no ficheiro de terminoloxía
houbera algunha información adicional como a categoría gramatical,
etc.

Outra cousa, no meu proxecto metinlle a capacidade de devolver
ficheiros TBX para unha parella de idiomas (inglés e galego, por
exemplo) xuntando todos os glosarios que haxa dispoñibles, mediante un
URL. Sería interesante integrarlle isto ao engadido ese, ademais da
posibilidade de cargar ficheiros locais.

> Tedes máis información técnica e o parche remitido en:
> https://bugs.launchpad.net/gtranslator/+bug/846431
>
> Saúdos
> --
> Fran Dieguez
> Coordinator of GNOME L10n Galician Team & GNOME member
> l10n.gnome.org/teams/gl - frandieg...@ubuntu.com
> _______________________________________________
> Rolda de correo de gnome-gl-list
> gnome-gl-l...@gnome.org
> http://mail.gnome.org/mailman/listinfo/gnome-gl-list
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a