Boas.

Primeiro de nada, moitas grazas a Lucía pola man que botou coa páxina da FAQ.

En segundo lugar, comentar que a tradución foi moi rápida e literal.
Nalgún momento tívose que botar man da tradución do castelán, que
seguro que tamén foi rápida como a nosa, xa que o tempo apremia, xa
que mañá ás 16 da tarde lanzan o proxecto. Por is precisa revisión.

Aínda nos falta por traducir a páxina das oportunidades. Agradecese a
tradución dos parágrafos e que os enviades no propio correo. Parágrafo
en inglés e a continuación en galego.

Ahí quedan as ligazóns as páxinas en galego:

http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/
http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/opportunities/
http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/people/
http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/ahead/
http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/faq/

Ao fondo da páxina hai un selector para ver a páxina noutros idiomas.
Creo que o vídeo que hai na páxina de futuro (ahead) estase traducindo
e Universal subtítulos, se alguén se anima, agradecese.

O dito, un que non dá para máis, xa que tamén tiven que actualizar os
repositorios.
https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
A ver o que tardan en meter máis traballo. Ao final houbo sorte e as
cadeas aínda son iguais da versión de Calendar que tiñamos nas tres
ramas que hai agora co ciclo rápido de desenvolvemento, co que podemos
partir de cero. Así será máis fácil mantelo.

Parece que hoxe volveu a traballar a rolda de galician.mozdev.
Reenviarei o correo alí.

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a