2011/10/26 damufo <dam...@gmail.com>:
> Boas:
> Debín perderme algún correo.
> Para que día está prevista a trasnada?

Creo que non perdeches ningunha mensaxe. É para o sábado 12 de
Novembro se non estou trabucado.


> En 2011/10/26 13:05, Miguel Bouzada escribiu:
>>
>> Xa temos en marcha a próxima trasnada
>> Desta volta vai seren en Vigo no Centro Cultural da antiga
>> novacaixagalicia (que aínda non sei se xa lle cambiaron o nome)
>>
>> Se vos parece ben, liaremonos a traballar desde as 11:00 ata as 2:00,
>> pausa para comer e seguiremos de 4:30 a 7:30, así os que veñades desde A
>> Coruña en tren non teredes nin que madrugar, nin que chegar moi tarde. Hai
>> un tren rápido (?) que sae de A Coruña as 8:25 (9:01 Santiago) e que chega a
>> Vigo as 10:30 (hai un anterior máis lento) a pé desde a (nova) estación son
>> uns 10 minutos. Para volver tendes tren as 19:55 ata A Coruña, despois xa as
>> 20:57 que chega a Santiago as 22:28 e A Coruña as 23:02
>>
>> Alguén se anima a facer un carteliño? eu nin sei nin teño tempo, o Presi
>> está de baixa, así que necesitamos algo de axuda... non fai falla que sexa
>> como para participar nun concurso :-D
>>
>> --
>> Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
>> Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a