Boa tarde,

Se todo vai conforme o previsto, os ficheiros de regras do pology que hai agora mesmo no repositorio non serán tocados en varios días ou algo máis de tempo.

Por favor, enviaime mediante correo directo os ficheiros que compoñen os proxectos xfce e se tal gnome para ir mellorándoas.

Respecto dos acordos das trasnadas, atopo as seguintes dificultades:

- Support : Faltan definir traducións para o caso de aparecer como substantivo (ex: Enable SOCKS5 support). Adicionalmente, os verbos que se propoñen no acordo (admitir, permitir utilizar etc) paréceme que de poñerse así sen máis indicarían ou non deixan claro que se non se pode facer uso de algo nun programa, ou se o programa non ofrece algo non é por efecto dunha configuración -de usuario ou na compilación- nin dun problema puntual (exemplos serían as traducións como admitir ou permitir usar) nin de que falte algo na instalación, senón simplemente porque o programa non "soporta" iso (pero tranquilos, o equipo de desenvolvemento está a traballar para que unha versión vindeira poida usarse iso). - [En/De]crypt: E como traducir "cipher" (estou a usar: cifra; ven sendo o método concreto de cifrar) - Edit : Non me gusta o resultado de "Do you want to save your edits? -> Desexa gardar as súas edicións? ; para "edit" actuando como substantivo gústame máis "modificación". - Rollback : As de upgrade, update, rollback e demáis están ben para o caso de sistemas de paquetería. Pero este termo aparéceme nas Qt nun contexto de transaccións de bases de datos, e iso de "regresar unha transacción" soa tal cual. Pódese discutir un pouco máis de novo?

Nota:

Ao final do ficheiro de terminoloxía hai dúas seccións con cousas concretas para gnome unhas e outras para kde. Estaría ben tratar esas cousas na vindeira trasnada.


--
BRGDS
Marce Villarino
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a