Temos un problemiña para "arranxar" a fondo a nova de Trasno. Unha vez
que se redacta unha nova, as modificacións hainas que facer visando
código html, non funciona o editor visual.
Así é moi fácil meter a pata e resulta moi laboriosa calquera
modificación e arranxo de contido.

Supoño que se trata dalgunha configuración do Drupal pero non encontro
a maneira de arranxalo. Ademais a nova fíxoa orixinalmente Leandro. A
ver que opina tamén.

Saúdos,

Antón


El día 12 de abril de 2012 14:01, Lucia.Morado <lucia.mor...@ul.ie> escribió:
> Ordenei en táboas os números das TMX que están agora na páxina de Trasno.
> Déixovos un pdf por se alguén ten curiosidade. Teño tamén outra folla de
> cálculo con máis argalladas por se alguén a quere.
>
> O interesante deste asunto tamén pode ser ver a media de palabras por cadea
> que ten cada TMX, iso pódenos dar unha idea da súa posíbel reutilización
> noutros proxectos.
>
>
>
> Lucía
>
>
>
> From: proxecto-boun...@trasno.net [mailto:proxecto-boun...@trasno.net] On
> Behalf Of Xosé
> Sent: 11 April 2012 21:39
>
>
> To: proxecto@trasno.net
> Subject: Re: Memorias de tradución
>
>
>
> Están ordenadas de algunha maneira? Poderíanse pór, por exemplo, as máis
> recentes máis arriba. Para mellorar a presentación eu poríaas nunha táboa
> (permite, por exemplo, comparar mellor os tamaños, etc.) ou separaría (cunha
> liña ou con máis espazo, por exemplo) os grupos, como GNOME, Thunderbird,
> etc.. Por outra banda, o texto «MT da tradución de» é redundante: abondaría
> con «MT de».
>
>
>
> Outra observación: Firefox 3.5 ten maior tamaño pero menos palabras e cadeas
> que 3.0?
>
>
> Xosé
>
> 2012/4/11 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>
> Incorporei a información de mandou Lucía, do xeito máis sintético que
> se ocorreu, á páxina porque si que me parece relevante.
> O que non podo solucionar e o problema para abrir os ficheiros
> gravemente defectuosos (Inkscape e a última de Mozilla), así que
> deixeinos "comentados" en código para que non se visen.
> Quedan agora 20 MT.
>
>
>
>
>
> El día 11 de abril de 2012 21:23, Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>
> escribió:
>> traballamos redemo!
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a