Ola.

Aínda non me puiden informar, pero semella que están facendo trocos en
mozilla e parece que ese novo contido está mal redireccionado, xa que
non vai para ningún idioma e antes si que cargaba a páxina en galego.

Supoño que nestes días sacaran un bug urxente para que traduzamos esa
páxina, ou iso penso. Estes días levan parado servizos para facer
cambios e probas. Ás veces, eu nin me decato, xa que os grupos de
google non me envían os correos que mandan e ata que vou alí e
comprobo as mensaxes, pasa un tempo. A ver se consigo que me reenvíe
as mensaxes ao correo para ter todo centralizado.

Saúdos.

2012/4/12 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> Estábamos pensando o mesmo no mesmo momento, Antón: acabo de escribir sobre
> isto noutro fío.
>
> Xosé
>
>
> 2012/4/12 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>
>> A xestión das linguas en Mozilla a min tenme arrepiado. A páxina
>> principal e dirixida a todos os públicos SÓ admite o inglés.
>>
>> http://www.mozilla.org/en-US/
>>
>> E do resto a infraestrutura tamén ten moitos problemas, como por
>> exemplo que se buscas engadidos para "galician" ou "galego" ás veces
>> aparece algo e outras nada, cando está o corrector de damufo con máis
>> de 3000 descargas...
>> Xa sei que hai moi poucos idiomas recoñecidos en Mozilla.org pero
>> paréceme inaceptable que non estea o galego cando están o catalán e o
>> eúscaro (tamén dúas opcións para o portugués, mentres nin para o
>> inglés nin para o castelán hai máis ca unha?)
>>
>> https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/
>>
>> Non sei se haberá alguén que se anime a conquerir con constancia
>> melloras aí pero estaría moi ben.
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a