2012/4/12 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Temos un problemiña para "arranxar" a fondo a nova de Trasno. Unha vez
> que se redacta unha nova, as modificacións hainas que facer visando
> código html, non funciona o editor visual.
> Así é moi fácil meter a pata e resulta moi laboriosa calquera
> modificación e arranxo de contido.
>
> Supoño que se trata dalgunha configuración do Drupal pero non encontro
> a maneira de arranxalo. Ademais a nova fíxoa orixinalmente Leandro. A
> ver que opina tamén.

A min dame igual.

Respecto dos ficheiros TMX que non funcionan. Acabo de probar a
abrilos co Virtaal 0.70 e o de Inkscape non me da absolutamente ningún
fallo. O último de Mozilla si, pero indica en que liña falla, que é a
última do ficheiro e abrindo co Gedit vin que directamente faltan as
etiquetas de peche do ficheiro, é dicir </body> e </tmx>. Despois de
poñerllas foime. A culpa foi miña por coller o ficheiro que xeraron
outros e subilo sen facer comprobacións. Unha vez corrixido vouno
volver subir e incluílo na lista, na que por certo acabo de incluír a
memoria de LXDE e algunhas de versións anteriores de GNOME. Para os
que queirades facer memorias tedes
http://wiki.trasno.net/GNOME/Memorias_de_Traduci%C3%B3n/Xeraci%C3%B3n
que creo que redactou Fran Diéguez. Respecto de deixar comentadas as
entradas das memorias "defectuosas": polo visto o drupal eliminounas.

Deica

> Saúdos,
>
> Antón
>
>
> El día 12 de abril de 2012 14:01, Lucia.Morado <lucia.mor...@ul.ie> escribió:
>> Ordenei en táboas os números das TMX que están agora na páxina de Trasno.
>> Déixovos un pdf por se alguén ten curiosidade. Teño tamén outra folla de
>> cálculo con máis argalladas por se alguén a quere.
>>
>> O interesante deste asunto tamén pode ser ver a media de palabras por cadea
>> que ten cada TMX, iso pódenos dar unha idea da súa posíbel reutilización
>> noutros proxectos.
>>
>>
>>
>> Lucía
>>
>>
>>
>> From: proxecto-boun...@trasno.net [mailto:proxecto-boun...@trasno.net] On
>> Behalf Of Xosé
>> Sent: 11 April 2012 21:39
>>
>>
>> To: proxecto@trasno.net
>> Subject: Re: Memorias de tradución
>>
>>
>>
>> Están ordenadas de algunha maneira? Poderíanse pór, por exemplo, as máis
>> recentes máis arriba. Para mellorar a presentación eu poríaas nunha táboa
>> (permite, por exemplo, comparar mellor os tamaños, etc.) ou separaría (cunha
>> liña ou con máis espazo, por exemplo) os grupos, como GNOME, Thunderbird,
>> etc.. Por outra banda, o texto «MT da tradución de» é redundante: abondaría
>> con «MT de».
>>
>>
>>
>> Outra observación: Firefox 3.5 ten maior tamaño pero menos palabras e cadeas
>> que 3.0?
>>
>>
>> Xosé
>>
>> 2012/4/11 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>
>> Incorporei a información de mandou Lucía, do xeito máis sintético que
>> se ocorreu, á páxina porque si que me parece relevante.
>> O que non podo solucionar e o problema para abrir os ficheiros
>> gravemente defectuosos (Inkscape e a última de Mozilla), así que
>> deixeinos "comentados" en código para que non se visen.
>> Quedan agora 20 MT.
>>
>>
>>
>>
>>
>> El día 11 de abril de 2012 21:23, Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>
>> escribió:
>>> traballamos redemo!
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a