2012/4/27 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>:
> El día 26 de abril de 2012 23:42, Antón Méixome <cert...@certima.net> 
> escribió:
>> it. tutore
>> fr. tuteur
>> pt. tutor
>> ct. tutor
>> ast. tutor
>> ara. tutor
>> occ. tutor
>> ro. tutore
>>
>> alemán tutoren
>> éuscaro tutore
>> esperanto tutoro
>>
>> Por moito que a RAG só recolla "titor" (pero tutela) e daquela sería
>> "titorial, titoría, etc"
>> creo que o correcto é
>>
>> tutor, tutorial, tutoría, "tuto", tutela
>>
>> A RAG non se pronuncia en contra, simplemente esquece que desde a
>> idade media tutor é a forma maioritaria e a única con valor xurídico.
>
> Persoalmente, nunca usei TITorial para referirme a un tutorial.

Pois é curioso ver os resultados do Open-Tran
http://en.gl.open-tran.eu/suggest/tutorial segundo os cales a opción
máis empregada é «titorial» incluso en KDE.

O certo é que lembro que sempre se traduciu como «titorial», aínda que
non é que estea seguro de que esa palabra exista, ou que o concepto ao
que se refira non teña algún xeito diferente para refirirse a el en
galego. É máis, acabo de buscar "tutorial" en WordReference
http://www.wordreference.com/es/translation.asp?tranword=tutorial e as
traducións que propón para o castelán son "tutoría" e "seminario".
Tamén mirei as traducións para "tutorial" en Open-Tran para o castelán
e tampouco o traducen sempre como "tutorial" que é o que agardaba,
senón que tamén o traducen doutros xeitos, por exemplo como
"cursillo". Quizais deberiamos investigar isto máis a fondo.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a