El día 27 de abril de 2012 14:13, Leandro Regueiro
<leandro.regue...@gmail.com> escribió:
> 2012/4/25 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>> tweening > interpolación
>>
>> Trátase dun concepto aplicado á animación dixital e non do simple "xemelgo"
>>
>> A cuestión é se se debe traducir ou é tan particular e novidoso que
>> deberá utilizarse o anglicismo.
>> Como se utiliza moito nas interfaces, ten repercusión para nós.
>
> Home, eu é a primeira noticia que teño disto, e usar «interpolación»
> para traducilo pode provocar confusións cando se atope «interpolación»
> como tradución para "interpolation" que creo que é moito máis común.

Digo que é común para as interfaces no ámbito do software para
animacións. Enténdese como redución de "interpolación de secuencia, de
marcos", etc
En xeral, interpolación é máis un concepto matemático que non ten
dúbida de tradución.

Sería, tamén, interpolación pero, que ten que ver?

Neste caso é unha técnica de degradación do movemento que produce un
efecto que simula a realidade mediante a suavización e o engano óptico


Lembrades o botón ese novo das cámaras de fotos, que o Termigal nos
recomendaba traducir como "aforquillado"  porque o castelań lle chama
"ahorquillado"? (si, é triste). Falo de bracketing (e autobracketing)
ou tamén coñecido como "exposición secuencial".
Tamén deriva do mesmo procedemento e tamén se basea nas matemáticas.

Neste caso é unha técnica que inventa unha hiperrealidade mediante a
fusión de imaxes con diferentes axustes de luz. O que se coñece como
High dynamic range imaging (HDRI or HDR)

es. imágenes de alto rango dinámico (HDR)
pt. Grande Alcance Dinâmico
fr. imagerie à grande gamme dynamique

Por tanto, son distintas acepcións de "interpolación"

1. Matemáticas (cálculo)
2. Movemento (animación)
3. Luz (fotografía)

pero hai máis.
na música
na gramática

A interpolación da enxeñaría do software é sobre todo esta da animación
http://en.wikipedia.org/wiki/Interpolation_%28computer_programming%29



>
>> Parece que non é tan especial nin novidoso e que se trata dun dos
>> tipos de "interpolación" ou inferencia "fases intermedias" de
>> movemento, posición ou algunha característica gráfica. ( cfr. sfumato,
>> termo italiano incorporado como préstamo necesario no renacemento
>> aínda que a técnica coñecíase antes). Pero utilizala conscientemente é
>> o que deu orixe á súa formalización.
>>
>> En inglés tampouco hai fixación exactamente. Utilízase "Tween",
>> "Tweening", Inbetweening e "Tweener" e a entrada da Wikipedia xa o di
>> todo
>> http://en.wikipedia.org/wiki/Inbetweening
>>
>> Outra vantaxe da súa tradución é o feito de que se pode matizar, ou
>> facer operacións mediante esta técnica. O anglicismo puro e duro
>> dificultaría a adaptación e a comprensión.
>>
>> Motion tween > Interpolación de movemento
>> Coloring Tween > Coloreado da interpolación
>> Select objects for Tweening first! > Seleccionar obxectos para
>> interpolar primeiro!
>> ...
>>
>> Para min debe recibir o mesmo tratamento que outras técnicas de
>> tratamento da imaxe: shap, blur, etc... todas adaptadas.
>>
>>
>> En español tamén hai dúbidas
>>
>> interpolación
>>
>> http://internet-y-ordenadores.practicopedia.lainformacion.com/flash/como-crear-una-interpolacion-de-movimiento-en-flash-1054
>>
>> intermediación
>>
>> http://es.wikipedia.org/wiki/Tweening
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a