Ola.

Eu terei que mirar se me rula no modelo do meu mac. Xa que estou coa
versión 10.10 e xa toca cambiar. Espero que vaia todo, wifi, gráfica e
demáis.

Grazas polos aportes que facedes.

2012/4/27 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> Sin tamén discordar contigo Antón. Eu recoméndollel a todos actualizar
> (instalación dende 0) a 12.04 e tamén recomendo tres PPA:
>
> https://launchpad.net/~ricotz/+archive/gnome-shell Para ter o último de
> GNOME estábel (Ubuntu non ten o último nalgúns apps)
> https://launchpad.net/~webupd8team/+archive/gnome3 Para ter algunhas
> melloras e extensións de G-S
> https://launchpad.net/~gnome3-team/+archive/gnome3 PPA mantido por Canonical
> para ter o último G-S
>
> En canto ás extensións podes actualizalas/eliminalas desde a páxina web e xa
> non terás problemas.
> https://extensions.gnome.org/local/
>
> Impresindíbel instalar tamén gnome-tweak-tool para "tunear" o shell con
> temas, extensións etc.
>
> Saúdos
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
>
> On Ven 27 Abr 2012 11:47:49 CEST, Xose M wrote:
>>
>> non comparto a túa opinión sobre non recomendar NESTE MOMENTO
>> actualizar a 12.04
>>
>> Levo con ela desde que saíu a Beta2, e menos o primeiro día que tiven
>> un problema con un script que tiña eu ao inicio do sistema, non tiven
>> problemas. O que funcionaba con 11.10 ségueo a facer nesta.
>>
>> E o gnome-shell é a miña opción como escritorio, e o que si podo
>> contar como experiencia  (para actualizacións desde 3.2) é que
>> activedes SO as extensións (engadidos) compatibles co gnome-shell 3.4,
>> pois as de versións anteriores pode que estraguen o gnome-shell
>>
>> Eu non son de Unity, pero creo que o van mellorando
>> (usabilidade/rendemento/productividade), a "xente" parece collerlle o
>> gusto de xeito doado.
>>
>> On 27 April 2012 11:32, Antón Méixome <cert...@certima.net
>> <mailto:cert...@certima.net>> wrote:
>>
>>    Supoño que pode ser de interese o fío.
>>
>>    Fixen unha aposta de risco ;-). Actualizar desde a 10.04 ata a 12.04,
>>    pasando por todas a versións intermedias en 2 días. Acabo de
>>    actualizar a 12.04. Estou con Gnome-Shell desde hai 2 días (que cada
>>    vez me gusta máis)
>>
>>    Funciona relativamente máis rápido, o inicio e o cambio de tarefas.
>>
>>    Non atopo maiores desastres.
>>
>>    - Glipper, o xestor de notas de Gnome, dá problemas
>>    - Gimp non se lanza. Hai problemas coas bibliotecas geggl de Gnome.
>>    Solucioneino cunha versión 2.6 que si vai.
>>
>>    Non recomendo utilizar ningún ppa de momento.
>>
>>    En xeral non recomendo a ninguén meterse neste momento coa 12.04 a non
>>    ser en virtual ou con instalacións limpas.
>>
>>    Eu fíxeno por varias razóns.
>>
>>    Necesito unha LTS para traballar, especialmente polo novo hunspell
>>    e hai que ver o tema da galeguización por onde vai fallando para, polo
>>    menos, poñer parches.
>>    Digo eu.
>>    _______________________________________________
>>    Proxecto mailing list
>>    Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
>>    http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>>
>>
>> --
>> *Xose M*
>>
>> ----------------
>> Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
>> ----------------
>>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a