On Thu, 8 Jul 1999, Damian Fernandez Molinos wrote:

> >  ¿Non me queda outro remedio? X-))))
> >  Aviso que son un déspota :D
> Bueno, ya sabes que el coordinador al final invita a las copas no?? :PPP

 Ti, ¡expulsado por falar en castelán! :DDD

 Ben, pois xa que todos me aclamades (agás eu :DD) pois vou empezar
explicando como funciona o sistema gettext, que se usa nas textutils,
fileutils, bash, gcc, etc...

 No código fonte do programa tedes un directorio chamado po/, que contén os
ficheiros de internacionalización do programa. Cada un deses ficheiros
(extensión .po) correspóndese a un idioma: de.po, fr.po, es.po... Os nomes
escóllense polo código ISO 631 (se non recordo mal), e o código do idioma
galego é GL.

 Atoparedes nese directorio un ficheiro con extensión .pot; ese é o ficheiro
mestre, cos textos en inglés (ou francés, ou neerlandes, ou o idioma
orixinal do programa), que segue un formato parecido a este:

# Isto é un comentario
#. Isto era un comentario "especial" no código fonte do programa
#: isto/e/o/nome/do/ficheiro/no/que/estaba/esta/cadea
msgid "Esta é a cadea orixinal"
msgstr "Esta é a cadea traducida"

 No ficheiro .pot, as sucesivas cadeas msgstr están baleiras; é o noso
traballo enchelas ;-)

 A cousa é moi sinxela; cóllese o editor joe, ou o emacs, ou o vi, ou o
xfte, ou o pico, ou importádelo no golded, editádelo e volvédelo exportar; a
idea cóllese, ¿non? ;-) e enchedes cada msgstr cun texto que sexa a versión
traducida do que aparece no msgid, que NON, e repito, NON debedes modificar;
escribide no msgstr, pero NON no msgid (exercicio para mañán: ¿onde non se
pode escribir?), que serve para identificar cada cadea en inglés.

 Finalmente, cando o voso ficheiro .po esté rematado, hai que compilar un
ficheiro de idioma binario (os ficheiros .mo que podedes atopar en
/usr/share/locale/es/LC_MESSAGES). Para iso utilizade-la ferramenta 'msgfmt'
/que podedes atopar no paquete 'gettext' da vosa distribución:

   $ msgfmt gl.po

 Isto xenera un ficheiro chamado 'messages' que inmediatamente copiaredes ao
directorio /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES, co nome do paquete e coa
extensión .mo, por exemplo, se estades a traduci-las fileutils:

   $ cp messages /usr/src/locale/gl/LC_MESSAGES/fileutils.mo

 Se traducides bash:

   $ cp messages /usr/src/locale/gl/LC_MESSAGES/bash.mo

 E así sucesivamente (coa lei de Ohm e catro parvadas máis... :-)).

 Ben, ben... O QUE NUNCA DEBEDES FACER:

 - Traduci-lo es.po: queda fatal, provoca castelanismos e ademáis a
                     traducción non é todo o boa que se quixera (xa vin
                     catro ou cinco erros gordos na súa traducción
                     das fileutils)
 - Usar sintaxe inglesa: 'file could not be opened' non se traduce por
                         'o ficheiro non puido ser aberto', senón por
                         'non se puido abri-lo ficheiro'.

 E, por suposto, non empreguedes castelanismos, formas compostas (non
existen en galego: 'rompeu', non 'ha roto'), non usedes formas
reintegracionistas (suponse que o debemos facer na forma normativa), e
procurade usar formas enxebres (pero non hiperenxebrismos: empregar 'agás'
está moi ben; empregar 'esceto' nooooon ':-o)...

 E que máis:

 Xa cousas para discutir :-)

 - Eu, na miña traducción das fileutils, evitei emprega-la palabra
   'imprimir' se non se refería directamente a unha impresora: por exemplo
   traducín 'print to standard output' por 'escribir na saída estándar' e
   'print an error message' por 'visualizar unha mensaxe de erro'.

   Se cadra non estades de acordo con iso... quero oí-las vosas opinións
   sobre o tema; se cadra vos gosta a forma 'imprimir'; se cadra non vos
   gosta a palabra 'visualizar' e preferides 'amosar'...
 
   Tamén usei a palabra 'formatar' (que non atopei no Xerais pero paréceme
   mellor que 'formatear'). ¿Que vos parece?

 - Traducín a mensaxe 'Try `%s --help' for more information' por
   'Escriba `%s --help' para ter máis información', e as mensaxes:
   '--help      display this help and exit' e
   '--version   output version information and exit' polas mensaxes:

   '--help      amosar esta axuda e saír' e
   '--version   producir información sobre a versión e saír'. ¿Que vos
   parecen? Creo que vou cambia-la palabra 'producir' por 'amosar', que
   queda moito mellor, pero no estado de alleación mental transitoria no
   que estaba de aquela... :-)

E creo que nada máis :-) ¿Ideas? ¿Suxerencias? ¿Alguén me retira do cargo? :D

 (Hoxe á noite chegará á lista a miña traducción das fileutils).

Deica logo:

   Tarrío
(Compostela)

-- 
Grupo de Programadores y Usuarios de Linux
mailto:g...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/GPUL

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a