O día 08/Jul/1999, Asociacion Universitaria GPUL escribía:

>  Ben, pois xa que todos me aclamades (agás eu :DD) pois vou empezar
> explicando como funciona o sistema gettext, que se usa nas textutils,
> fileutils, bash, gcc, etc...

        Oooops O:-) Creo que non debín escribir a outra mesaxe sin esperar a
recolle-lo correo da noite O:-D

        As miñas disculpas, señor coordinador :-) E máis aínda: dobles
disculpas, porque logo de escribi-la infame mesaxe, vin na miña distribución
un paquetiño que se chamaba "gettext-doc" que solventaba a maior parte das
miñas dudas O:-) Mais parece feito por xente da que pensa que emacs é algo
obrigatorio, para todo fan referencias ó modo PO do emacs :-/

        Por outro lado, creo que deberiamos empezar a discutir quen traduce
que. Non sexa que nos atopemos varios traducindo o mesmo :-) Eu, polas miñas
partes, vou ver si traduzo o mutt (*glups*), que é algo que uso de cotío.
Estou certo de que me hei de arrepentir, pero qué se lle vai facer %-) Tamén
vou botar unha ollada ó wmaker, que creo que esta casi todo traducido xa.
Estou pensando en pórme en contacto con Xose Manoel Ramos, un conocido de
Fidonet, para que me axude en caso de que me aturulle de máis :-) De paso
pasareille a dirección da lista, porque seguramente esté interesado.

        E importante pórse dacordo en qué versións se van a traducir. Eu
avogaba porque foran as máis novas, mais penso que o máis sensato sería
traducir as versións "estables", que son as que (supoño) ten a maioría da
xente :-m Non sei, ¿qué pensades vós?

        Outra cousa importante para traducir son as cousas básicas de GNOME
(panel, control center, etc etc). Tamén é un bo cacho de traducción, mais é
importante por dúas razóns: GNOME é algo moi vistoso, que "loce" moito, e
ben podería se-lo noso "buque insignia". Unha opinión personal, de calquera
xeito. E a outra razón é que ... ben, a local española para gnome parece
estar bastante incompleta, porque faltan a metade dos menúes X-) Así que
poderiamos incluso adiantarnos ós traductores españois :-P ;-)

        Hala, e con esto xa paro. Tentarei non volver mete-la pata por hoxe
:-D

-- 
Roberto Suarez Soto              |              This is the noise
mailto:ask...@biosys.net         |             That keeps me awake
* Corgo - Lugo - Galicia - Spain |
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a