On Thu, 8 Jul 1999, Roberto Suarez Soto wrote:

>       E importante pórse dacordo en qué versións se van a traducir. Eu
> avogaba porque foran as máis novas, mais penso que o máis sensato sería
> traducir as versións "estables", que son as que (supoño) ten a maioría da
> xente :-m Non sei, ¿qué pensades vós?

        Unha pregunta ó respecto, como fan os desarroiadores para que
cando sacan unha versión nova dos programas, todas as mesaxes que xa
estaban traducidas sigan estándoo e só faien as novas? 
 
>       Outra cousa importante para traducir son as cousas básicas de GNOME
> (panel, control center, etc etc). Tamén é un bo cacho de traducción, mais é
> importante por dúas razóns: GNOME é algo moi vistoso, que "loce" moito, e
> ben podería se-lo noso "buque insignia". Unha opinión personal, de calquera
> xeito. E a outra razón é que ... ben, a local española para gnome parece
> estar bastante incompleta, porque faltan a metade dos menúes X-) Así que
> poderiamos incluso adiantarnos ós traductores españois :-P ;-)

        Xa o estamos a facer, no seu editor visual de aplicacions (Glade)
a metade das cousas están sen traducir ó castelan, e a metade do que está
traducido (1/4 do total ;) parece feito por alguén que nunca deu clases de
inglés, hai cousas que están traducidas pola palabra española mais
semellante X-DDDDDDDDDDD
        Eu levo traducido un tercio, asi que a estas alturas xa estamos
adiantados ;-) (Supoñendo que o meu estea ben traducido, claro)
 
* Sácalle o maior partido ó teu botón de réset con Fiestras 9x *
--
  _
 /_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://personales.mundivia.es/ryu
[GGL developer] http://ceu.fi.udc.es/GPUL/proyectos/ggl/index.html

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a