coas textutils 1.22 :-)

 [Por certo, o código ISO 639 do idioma galego é GL, non GZ :-))]

 Aquí envío o ficheiro gl.po das textutils, para que o miredes, e o
probedes, se queredes, e mo comprobedes...

 Se o queredes probar, tedes dúas opcións:

  a) sobreescribi-los ficheiros de idioma castelán
      1. Para iso antes debedes compila-lo .po
           $ msgfmt gl.po
      2. E despois copia-lo ficheiro 'messages' recén creado, sobre o
         ficheiro:
           /usr/share/locale/es/LC_MESSAGES/textutils.mo
  b) crear un directorio de mensaxes para o idioma galego
      1. Para iso antes hai que compila-lo gl.po (queda como exercicio ;))
      2. Despois hai que crea-lo directorio das mensaxes en idioma galego:
         Ou ben tecleades:
           $ mkdir /usr/share/locale/gl/
           $ mkdir /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/
         Ou ben tecleades:
           $ mkdirhier /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/
       3. Cambiamos o idioma castelán (ou inglés) polo galego, pero
          deixando o resto das opcións (ordenación, moeda, etc) iguais ás
          do castelán (se xa tíñamos o castelán instalado e non temos
          ainda un 'locale' de sistema en galego).
           $ unset LC_ALL
           $ export LC_COLLATE=es_ES
           $ export LC_CTYPE=es_ES
           $ export LC_MONETARY=es_ES
           $ export LC_NUMERIC=es_ES
           $ export LC_TIME=es_ES
           $ export LC_MESSAGES=gl_ES
     Isto é o que recomendo encarecidamente porque así podemos seguir
     tendo as mensaxes en galego ainda que actualicemo-la nosa
     distribución ou algunha cousa máis, aparte de que así xa imos
     construindo a nosa propia árbore de directorios, e non imos
     depredando á do castelán.

 Ben, agora empezo coa traducción de... mmmm... [estou mirando o listado
de aplicacións que hai en /usr/doc/gettext/ABOUT_NLS]... fileutils :-)

Hasta luego:

   Tarrío                                             Fidonet: 2:348/102.11
(Compostela)

Attachment: textutils_gl.po.bz2
Description: BZip2 compressed data

Responderlle a