Ola,
        ¿alguén pensou xa en facer unha lista de traballos que podamos
repartirnos? O de "que cada un traduza o que máis use" está moi ben, pero
penso que a idea da grande maioría da xente que se apuntou a colaborar non
era buscarse a vida senon axudar no posible a un proxecto que organizaba a
asociación. Xa fixéramos unha lista de cousas que se ían traducir, parte das
cales vimos logo que xa estaban feitas, ou que estaban en curso noutro LUG.
A ver eses organizadores, veña :-) creo que estamos todos esperando por unha
lista de traballiños que podamos ir facendo :-))

--
[http://ceu.fi.udc.es/gpul - f...@debian.org - http://humbolt.geo.uu.nl/eulug]

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a