Estou coa traducción do WPrefs, e hai unhas cantas palabras que non
sei moi ben se estou traducindo de xeito adecuado:

        - "Window" -> Fiestra. Non me soa nada ben, pero ahí queda :-)
        - "Font" -> Letra
        - "Path" -> Ruta (non sei si o correcto é "Rota" :-?)
        - Estou deixando "Items" como "Items", mais penso que cando acabe
vou facer unha revisión para cambiar esto por "Elementos", que semella máis
acertado.
        - "Download" -> Descargar. Tampoco me gusta moito, mais non sei
doutra máis axeitada :-m
        - "Tile" -> ¿Mosaico? r:-m Na traducción española trae "Azulexo",
pero non me gusta. Non falamos de lavabos :-)
        - "... of the Day" -> "... do Día" ("Tile of the Day", "Bar of the
Day", etc.). Na traducción española tradúceo por "... de Hoy", mais eu penso
que queda mellor con "... do Día", como os menús dos restaurantes :-)
        - "Artwork" -> Labor artística
        - "Initializing" -> "Iniciando". Tampouco creo que sexa unha boa
traducción, mais "Inicializando" é peor aínda :-)
        - "Placement" (de "Window Placement") -> Colocación.
"Posicionamento" paréceme demasiado literal. Quizáis tamén podería traducilo por
"disposición" :-m
        - "Transients" -> "fiestras temporais". E que non sei ben o que son os
transients estes O:-D
        - "Workspace" -> Escritorio. Tamén podería ser "Area de Traballo",
pero queda moi longo :-P
        - "Locale" -> Local. Supoño que será a "local" de idioma :-?
        - "Display" -> :-? ¿Cómo se podería traducir isto? :-?

        E xa está, xa rematei ':-) Perdón pola lonxitude da mesaxe, non
pensei levala ata tal punto O:-) Deberiamos ir facendo un glosario de termos
para consultalo en caso de duda :-m Eu *non* me ofrezo voluntario :-P ;-D

        Mando a traducción de WPrefs nesta mesaxe. As revisións e críticas
serán agradecidas ;-)

-- 
Roberto Suarez Soto              |             Dream another dream
mailto:ask...@bigfoot.com        |              This dream is over
* Corgo - Lugo - Galicia - Spain |

Attachment: wprefs.pot.bz2
Description: Binary data

Responderlle a