On Fri, 23 Jul 1999, Jacobo Tarrio wrote:

> > >  xchat            Rubén López
> >     Este foi o primeiro que traducín, e xa o mandei a
> > g...@ceu.fi.udc.es hai ben tempo... Volvo a mandalo outra vez?
> 
>  Por certo, se é posible, poñédeos na lista (se non ocupan moito) ou
> enviádemos a min :-)

        Home... Mandalos á lista? E para que? Eu mandaba a gpul@ceu porque
hai unha máquina para probas na que se poden meter e ver que tal están...
Non creo que ninguén na sua casa ande metendo ficheiros sen control de
dpkg :-?

        Penso eu, que sería boa idea que se mandaron todos a algunha
persoa (o coordinador?) que de vez en cando fixera un paquete debian con
todos eles ( gl-locales_0.1-1.deb ?) e o puxese dispoñible no ftp de
ceu, para que todos podamos telos instalados sen preocuparnos e avisar
cando vexamos algunha cousa mal...
 
> >     Por certo, que fixestes cos .po que mandei do xchat e o glade,
> > mandástelos ós desenroladores desas aplicacións para que os inclúan nos
> > fontes?
> 
>  Que cada un envíe os seus :-?

        Ok.

> >     E outra cousa mais. Hai algunha forma de actualizar os ficheiros
> > .po antigos cando saen versións novas de software?
> 
>  ¿Coa axuda de diff?

        Xa probei, pero non funciona ben. Fago un "diff -u" entre o
primeiro -pot e o gl.po meu, (-u para que non poña numeros de liña), e
logo cando parcheo o novo .pot, resulta que non mete os cambios onde debe.
        Incluso probei con .pot's ínfimos, e non hai maneira. O problema
son os msgstr "", ó haber tantos, se se da este caso:

msgid "blablabla"
msgstr  ""

msgid "claroclaroclaro"
msgstr ""

        E o de claroclaroclaro e a parte que engade o novo .pot, en lugar
de meter o comentario de blablabla no seu sitio, pono no de
claroclaroclaro... 

        Precisamente pode ser unha posible razón de que o ficheiro es.po
de glade esté tan feito un desastre, porque ten comentarios descolocados.

        En fin, outras alternativas? Un cursillo rápido de diff?

Saudos
--
  _
 /_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://programacion.mundivia.es/ryu
[GGL developer] [IRCore developer]

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a