Gustaríame que máis ou menos todos levaramos un estilo similar á hora de
face-las traduccións... por suposto, non vos penso impoñer nada, só quero
que os programas queden cunhas traduccións homoxéneas, seguindo unhas
mínimas normas e consellos nas que -espero- nos poñeremos de acordo todos
:)

 Por exemplo, preferi-lo uso da segunda forma do artigo (coma nesta mesma
frase :-)) sobre a primeira, cando sexa o caso, claro :-) 

            Úsase segunda forma do artigo cando este vai seguindo a
         unha forma  verbal rematada  en -r ou  en -s, ou  algunhas
         palabras como todos, tras, máis, ambos, entrambos, ...

            Mata-las galiñas        Tralo valado
            Come-lo pan             Ti e mailo teu curmán
            Vive-la vida            Ámbolos dous

 Agardo polas vosas propostas :-)

Hasta luego:

   Tarrío                                             Fidonet: 2:348/102.11
(Compostela)

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a